BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

+ de 50.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD… Cultura, información e entretemento en Nigrán de Miñor.

Poemario de Manuel María, ano 1963.

Vou decir unha simpreza que está por riba

da pureza azul de moitos versos

Mención ao Azul de Rubén Darío.


[…] hai homes

que teñen os beizos emporcados

con verbas de falsía

i o corazón podre polo odio,

i as maos pingando sangue,

i agachados, no fondo dos seus petos,

en vixía,

coitelos e pistolas asesinas.


O ceio é borrallento.

Avanzan as nubes como barcos.


Poema do vagabundo

Olla a ise home co seu fol ó lombo,

cos seus piollos,

coa súa barba de aramio,

cun can como San Roque,

co seu caxato,

cos seus calzós mendados,

co bandullo rachado pola fame.

Olla ben a ise home.

Pergúntalle si é home.

Pergúntalle polas Leises Sociales.

Pola producción das frábicas.

Pergúntalle a ise home

si, por casualidade,

ainda leva consigo a propia alma.


Pola noite

a terra é moura: ten medo i agoiros,

é a voz do lobo i a prumaxe dos corvos


[…] ave agoreira que pace carne humán.


Unha resposta a “Mar maior”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A WordPress.com Website.

A %d blogueros les gusta esto: