
😕
😕
Antología colectiva de poesías. Algunas infumables, como es de esperar en voluntariosos poetas aficionados.
Pode parecelo, pero Shakespeare non era dos Peares.
Shakespeare mata o porco cunha rosa, de Ramón Reboiras.
Ladrón de bicicletas
Unha vez roubei a froita
Dos teus beizos
Naquel mítico vran
Dos Santos Afrixidos
No Pazo de Lestrove
E seguir vogando
Na corrente xorda
¡Tamén bate un corazón
no peito dos desafinados!
Tampouco se pode dicir
Que éramos xente do país
Por coñecer a lentitude dos bois
Unha cea fría
Agarda ao fillo pródigo
A palmeira sinala o sol
Fronte á casa do indiano
Fun a vida enteira
Escorregando os morcegos da razón
Coa rama dunha xesta
Nunha tarde de campás
Os pombos a voar
Antes de que acabe o día
O gando recollido
Na corte das marabillas
Detrás da parede da escola
Antes do trebón
A nube pensa
No rapás que xoga
Á estornela
“Amor mío, amor mío:
¿Dónde están las palabras más sencillas
para decirte amor con más verdad?”
“Amóstrame eses ollos, esa ollada
escura como o bosque”
Vou decir unha simpreza que está por riba
da pureza azul de moitos versos
Mención ao Azul de Rubén Darío.
[…] hai homes
que teñen os beizos emporcados
con verbas de falsía
i o corazón podre polo odio,
i as maos pingando sangue,
i agachados, no fondo dos seus petos,
en vixía,
coitelos e pistolas asesinas.
O ceio é borrallento.
Avanzan as nubes como barcos.
Poema do vagabundo
Olla a ise home co seu fol ó lombo,
cos seus piollos,
coa súa barba de aramio,
cun can como San Roque,
co seu caxato,
cos seus calzós mendados,
co bandullo rachado pola fame.
Olla ben a ise home.
Pergúntalle si é home.
Pergúntalle polas Leises Sociales.
Pola producción das frábicas.
Pergúntalle a ise home
si, por casualidade,
ainda leva consigo a propia alma.
Pola noite
a terra é moura: ten medo i agoiros,
é a voz do lobo i a prumaxe dos corvos
[…] ave agoreira que pace carne humán.
Poemario de Augusto Casas, home dun gusto exquisito pola boa poesía, como demostra o feito de que escollera uns versos de Curros Enríquez para incluílos no comezo do seu libro:
Ai dos que levan na frente unha estrela,
ai dos que levan no bico un cantar!
A folla, o río, o corazón…
Entre ribeiras de treva
o meu ollar pide esmola…
A folla, man namorada,
co-a escuma do río xoga.
[…] a lama escura que sostén ao río…
[…] unha bágoa no aceno derradeiro
da tristura infinida…
[…] o vento aviva cada estrela acesa.
Ai, cinza señardosa en que m’aquezo!
Ai, brasa dos meus soños apagada!
¡Máscara fóra!, de M. Pardo de Andrade, un anti-Inquisición en verso.
Cartel de cego Paco Pixiñas, historia dun desleigado contado por il mesmo, romance de Celso Emilio Ferreiro.
“CADAQUÉN NESTE MUNDO
TRAI CONSIGO UN letreiro
que nos poñen no lombo
o día que nacemos.
Nunhos dice “fortuna”,
noutros dice “famento”
e ninguén debe oporse
a lei diste misterio,
pois Deus escribe torto
pra resolver dereito.”
…
“Leer é perigroso
pois o que lee, pensa,
i o que pensa romata
por ter malas ideas…”