Contacontos infantil, martes 24 outubro

Published by

on

Contacontos infantil

martes 24 de outubro de 2017

ás 18:00 h

na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

https://i0.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/978foto02.jpg
Raquel Queizás fará o contacontos Romaría.

Categoría/s ós que pertence:
Actividades de dinamización con música, teatro e danza
Narración oral
Público ao que vai dirixido:
Nenos e nenas: a partir de 3 anos
Duración da actividade:
50 minutos
Texto de presentación da actividade:
Espectáculo de narración oral, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo ás rapazas e aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.
 

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo os nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices.

As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, están de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar temáticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os hábitos saudables, entre outros.

Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da súa personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obstáculos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espírito crítico.

Finalmente, tamén lles aprenden que o medo é necesario como un mecanismo de defensa e prevención perante os perigos alleos que existen na sociedade.

 

 

Deixar un comentario

Previous Post
Next Post

A WordPress.com Website.