Contacontos (setembro e outubro)

Ler Conta Moito
Rede de Bibliotecas de Galicia
Xunta de Galicia

Contacontos da Biblioteca.

Todos os contacontos serán no Auditorio do Concello de Nigrán.

É imprescindible anotarse na Biblioteca. O prazo de inscrición ábrese en SETEMBRO.

nigran.rbgalicia@eidolocal.es

SETEMBRO 2021

Daniela Pirata e as mozas pirata. Donde viven los cuentos. 17 setembro, venres ás 18:00 h.

Unha viaxe para cantar e contar. Donde viven los cuentos. 24 setembro, venres ás 18:00 h.

Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade. Raquel Queizás. 28 setembro, martes, ás 18:00 h.

OUTUBRO 2021

Travesías. Raquel Queizás. 8 outubro, venres, ás 18:00 h.

Daniela Pirata e as mozas pirata

Donde viven los cuentos. 17 setembro, venres ás 18:00 h.

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

  • Narración oral

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas: 4 a 8

Duración da actividade

  • 60 minutos

Resumo do contido

Contacontos interactivo baseado no conto “Daniela y las chicas pirata” de Susana Isern, segunda de parte de “Daniela Pirata”. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante.
Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.

Contacontos interactivo no que a nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo que cumprirá as misión de Daniela con máis rapidez. Daniela competirá con elas pero descubrirá que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante e emocionante na que xogaremos e bailaremos.

Unha viaxe para cantar e contar.

Donde viven los cuentos. 24 setembro, venres ás 18:00 h.

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

  • Narración oral

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Bebés (0 a 3 anos)
  • Nenos e nenas: 3 a 5

Duración da actividade

  • 60 minutos

Resumo do contido

Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo…
Nesta sesión traballaremos con catro contos adaptados o galego:
-Polo camiño
-Animales a mano
-Mi cara
-La araña hacendosa

Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo…

Dámoslle volta ao conto. Contos pola igualdade. Raquel Queizás. 28 setembro, martes, ás 18:00 h.

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

  • Igualdade e Violencia de xénero

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas: a partir de 3 anos

Duración da actividade

  • 50 minutos

Resumo do contido

Miña avoa, con 14 anos xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noite montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas.

Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.
Espectáculo de contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques.

Travesías. Raquel Queizás. 8 outubro, venres, ás 18:00 h.

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

  • Narración oral

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas: a partir de 3 anos

Duración da actividade

  • 50 minutos

Resumo do contido

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.
Mudemos o conto!

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.

Hoxe mércores: contacontos

cartaz_raposadas

Hoxe mércores 24 de outubro ás 18:00 h temos contacontos na Biblioteca.

Raposadas: contos para nenas e nenos, de Raquel Queizás.

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén
achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos
que lles contan na lareira.
Espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.
Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha
melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos
da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar
con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo
e aprender con el traballos do campo.
Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos
póñense a danzar.
Quen danzou por aquí?
Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que
alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.
Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais
personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia
para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as
características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha
forma de vida fomentando o respecto pola natureza.Axudan a coñecer a
contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos
contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
RAPOSADAS
Raquel Queizás
contos para nenas e nenos
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Duración: 50 minutos
Público: nenas e nenos a partir de 3 anos / familias.

https://www.raquelqueizas.com/raposadas/

Contacontos infantil, mércores 24 outubro

cartaz_raposadas

O mércores 24 de outubro ás 18:00 h temos contacontos na Biblioteca.

Contacontos 24 outubro

Público: nenas e nenos a partir de 3 anos / familias
www.raquelqueizas.com

Contacontos na Biblio, venres 18 maio

https://i1.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/202foto01_.jpg

Contacontos Ruta propia, de Raquel Queizás.

Venres 18 de maio de 2018.

Biblioteca Pública Municipal de Nigrán

18:00 h.

Narración oral.

Público ao que vai dirixido: nenos e nenas: 3-12 anos.

Duración da actividade: 45 minutos.

Aparece na biblioteca un caixón cheo de libros, xoguetes, chapeus, fotografías, follas escritas… Un verdadeiro tesouro que nos levará a coñecer o mundo cheo de historias creado e soñado por Maria Victoria Moreno. Mentres aprendemos a linguaxe das estrelas e escoitamos soños, ela nos convidará a viaxar ao seu carón. Un vello e coqueto chapeu se transforma no volante de A Teresita, o seu coche.

Portada

https://i1.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/202foto02_.jpg

https://i2.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/202foto03_.jpg

Contacontos na biblio, luns 23 abril

https://i2.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/258foto01_.jpg   https://i0.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/258foto03_.jpg

Contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

Luns 23 de abril de 2018.

Ás 18:00 h.

Monstruosas emocións, de Carla Muñoz López.

Narración oral.

Bebés (0 a 3 anos)
Nenos e nenas: 4 a 8

60 minutos

Contacontos-taller de intelixencia emocional, no que utilizando o conto O monstro de cores de Anna Llenas, os nenos irán recoñecendo as emocións (alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor) a través de diferentes xogos e dinámicas.

https://www.facebook.com/dondevivencuentos/

Contacontos

https://i0.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/258foto01_.jpg   https://i2.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2018/modulos/actividades/imagenes/258foto03_.jpg

Contacontos na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

Luns 23 de abril de 2018.

Ás 18:00 h.

Monstruosas emocións, de Carla Muñoz López.

Narración oral.

Bebés (0 a 3 anos)
Nenos e nenas: 4 a 8

60 minutos

Contacontos-taller de intelixencia emocional, no que utilizando o conto O monstro de cores de Anna Llenas, os nenos irán recoñecendo as emocións (alegría, tristeza, medo, rabia, calma e amor) a través de diferentes xogos e dinámicas.

https://www.facebook.com/dondevivencuentos/

Contacontos infantil, martes 24 outubro

Contacontos infantil

martes 24 de outubro de 2017

ás 18:00 h

na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

https://i1.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/978foto02.jpg

Raquel Queizás fará o contacontos Romaría.

Categoría/s ós que pertence:
Actividades de dinamización con música, teatro e danza
Narración oral
Público ao que vai dirixido:
Nenos e nenas: a partir de 3 anos
Duración da actividade:
50 minutos
Texto de presentación da actividade:
Espectáculo de narración oral, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo ás rapazas e aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.
 
Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo os nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices.

As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, están de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar temáticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os hábitos saudables, entre outros.

Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da súa personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obstáculos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espírito crítico.

Finalmente, tamén lles aprenden que o medo é necesario como un mecanismo de defensa e prevención perante os perigos alleos que existen na sociedade.

Contacontos sábado 22 abril

Contacontos infantil

(a partir de 4 anos)

A Galiña Azul e compañía, de Cris de Caldas.

A través de A galiña azul, farase unha explicación amena do seu autor, Carlos Casares, e do que significan as Letras galegas. A galiña azul virá moi ben acompañada, de xeito que coñeceremos outras obras de Casares e algúns contos de tradición. Despois da sesión de contos, desenvolverase un obradoiro. Para que a obra de Casares perdure no tempo, máis aló do seu día.

Sábado 22 de abril de 2017, ás 12:00 h.

na sala de lectura de adultos

Pola cousa do Día do Libro   😉

https://i2.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/924foto03_.jpg

Contacontos 2017

Este ano 2017 os contacontos que terán lugar na biblioteca serán:

  1.  A Galiña Azul e compañía, de Cris de Caldas. Sábado 22 de abril de 2017, ás 12:00 h. Pola cousa do Día do Libro   😉

https://i1.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/924foto02_.jpg

2.  Carlos Casares con maxia e música, de Álvaro Muras. Sábado 13 de maio de 2017, ás 12:00 h.

Pola cousa do Día das Letras Galegas   😉

https://i0.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/882foto03_.jpg

3.  Romaría, de Raquel Queizás. Martes 24 de outubro, ás 18:00 h.

Pola cousa do Día da Biblioteca   😉

https://i2.wp.com/rbgalicia.xunta.es/catalogo-lerconta-2017/modulos/actividades/imagenes/978foto03_.jpg