Se non tes claro como usar o catàlogo da biblioteca, aquí deixámosche uns sinxelos pasos para utilizalo.

Se non tes claro como usar o catàlogo da biblioteca, aquí deixámosche uns sinxelos pasos para utilizalo.
Busca AQUÍ os libros e demais cousas que temos na biblioteca, renova os teus préstamos, reserva libros que estén prestados e busca tamén nos catálogos das outras bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Tes o n.º de lector no teu carné de biblioteca; o contrasinal é o que ti elixas, pregunta á biblioteca polo contrasinal que se pon por defecto ou pica aquí.
(Cando entres na páxina pica en: INGRESAR NA SÚA CONTA)
Entra na páxina do catálogo coa túa conta.
Usuario:
Contrasinal:
O usuario é o que aparece no teu carné: N.º LECTOR (Xeralmente o teu número de DNI, sen a letra).
O contrasinal tes que solicitalo á biblioteca (logo xa o cambias).
Entrando na túa conta vas directamente á páxina do catálogo da biblioteca na que estés incrito, neste caso sería (maiormente) á páxina do catálogo da Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.
Podes quedar adscrito á biblioteca que ti elixas (podes cambiar en calquera momento). Co teu carné podes utilizar todas as bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No catálogo podes:
Buscar se temos o documento que precisas.
Ver que documentos temos.
Ver os teus préstamos actuais, o teu histórico de préstamos, podes renovar, podes reservar se queres algún documento que esté prestado, etc., etc.
BUSCA E CURIOSEA TODO O QUE TEMOS NA BIBLIOTECA AQUÍ.
No ano 2013 o catálogo web da Biblioteca Pública Municipal de Nigrán foi o 3.º catalogo das bibliotecas públicas municipais galegas máis consultado.