Máis de 55.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD, etc., etc., etc. Cultura, información e entretemento. O Ceán. Os teus libros en Nigrán de Miñor. :: Camos, Chandebrito, Nigrán, Panxón, Parada, Priegue, A Ramallosa ::
Sabor clásico de superproducción, con aventuras (de todo tipo). Un drama amoroso con los cimientos de toda la mitología de Hollywood en la España del preaperturismo franquista; los mitos de Ava Gardner y Hemingway en España, en los toros, en los sanfermines, en la guerra civil…
Lembramos aos nosos usuarios que esta biblioteca non dispón de préstamo interbibliotecario. Ese servizo tan só está dispoñible nas bibliotecas Nodais de Galicia.
Estas bibliotecas son: Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola Biblioteca Pública de Lugo Biblioteca Pública de Ourense Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal Biblioteca Pública de Coruña Miguel González Garcés Biblioteca Pública de Ferrol Biblioteca de Galicia.
Contacontos interactivo baseado no conto “Daniela y las chicas pirata” de Susana Isern, segunda de parte de “Daniela Pirata”. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.
* Todos os contacontos, este ano, trasládanse ao AUDITORIO DO CONCELLO DE NIGRÁN (situado no edificio do Concello de Nigrán) mantendo a mesma data e a mesma hora programadas.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN:
-Na Biblioteca.
-No correo: nigran.rbgalicia@eidolocal.es
-No tel.: 986383979
Todos os contacontos faranse, este ano, de maneira excepcional, no Auditorio de Nigrán.
SETEMBRO
Venres, 18 de setembro, ás 18:00 h, no Auditorio de Nigrán:
Contacontos interactivo baseado no conto “Daniela y las chicas pirata” de Susana Isern, segunda de parte de “Daniela Pirata”. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.
Venres, 25 de setembro, ás 18:00 h, no Auditorio de Nigrán:
Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo… Nesta sesión traballaremos con catro contos adaptados o galego: -Polo camiño -Animales a mano -Mi cara -La araña hacendosa
OUTUBRO
Xoves 1 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio de Nigrán:
Descubriremos a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo e facerlles ver ás crianzas que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que entendan que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida. Non faltará aventura, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le: Polgariño (1909), Alicia no pais das Marabillas (1903), Peter Pan(1924), O Mago de Oz (1910).
Xoves 8 de outubro, ás 18:00 h no Auditorio de Nigrán:
Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!