Suxestións de compra

Photographing Books: All You Need to Know - iPhotography
Cuáles son los 10 libros más leídos de la historia? - Publicalis.com

A Biblioteca ofrece o SERVIZO de suxestión de compra de libros.

  • Estas desiderata ou libros desexados polos usuarios buscan compracer aos nosos socios coa adquisición de exemplares que non temos na Biblioteca.1
  • Se fas a suxestión de compra pola páxina do catálogo recibirás un correo electrónico cando estea dispoñible. 2
  • O criterio para mercar un libro é, fundamentalmente, que vaia ser lido por moitos lectores. 3
  • Non é un servizo de compra personalizada:
    • Libros especializados (universitarios, de oposicións, de temas moi específicos con poucas posibilidades de ser lidos por moita xente) case sempre quedan descartados.
    • Limítase a 10 suxestións anuais por socio (para que máis persoas poidan participar na selección da colección da Biblioteca).
  • Que aceptemos unha proposta de compra non significa que, finalmente, a adquiramos; ás veces, porque o libro está descatalogado e outras porque xa non consideramos importante a súa compra. As variables poden ser moitas e unha aceptación de proposta de compra nunca supón un compromiso de compra. Porén, se non está descatalogado, e aínda que non poidamos mercalo tan axiña como nos gustaría, case todo o que se solicita acábase comprando.

1. Xeralmente, as peticións son de novidades editoriais, pero tamén adoitan ser libros máis antigos que forman parte do canon imprescindible.

2. Tentamos conseguir os libros o máis rápido posible, pero non hai un tempo estimado de agarda. Compraranse antes as peticións máis antigas, por orde, ata as máis recentes, procurando conseguir todos os libros solicitados.

3. Un libro que non se le é un obxecto inerte na nosa colección; e algún día atopará ao seu lector, pero a colección ten que ser útil ás persoas lectoras e estar viva: canto máis se use, mellor. Gustaríanos ter todo tipo de libros e en cantidade, pero sempre hai limitacións de orzamento, espazo, etc. Somos unha biblioteca pública, temos que dar cobertura a lectores moi heteroxéneos; o catálogo ten que ser xeral e con posibilidades de éxito de lectura e non podemos dar un servizo de biblioteca especializada, universitaria ou escolar.

  • Estas desiderata ou libros desexados polos usuarios buscan compracer aos nosos socios coa adquisición de exemplares que non temos na Biblioteca. Xeralmente, as peticións son de novidades editoriais, pero tamén adoitan ser libros máis antigos que forman parte do canon imprescindible.
  • O criterio para mercar un libro é, fundamentalmente, que vaia ser lido por moitos lectores, se cumpre este requisito, a compra vai para adiante. Un libro que non se le é un obxecto inerte na nosa colección; e algún día atopará ao seu lector, pero a colección ten que ser útil ás persoas lectoras e estar viva: canto máis se use, mellor. Non é un servizo de compra personalizada, polo que libros especializados (universitarios, de oposicións, de temas moi específicos con poucas posibilidades de ser lidos por moita xente) case sempre quedan descartados.
  • Se fas a suxestión de compra pola páxina do catálogo recibirás un correo electrónico cando estea dispoñible. Non hai un tempo estimado de agarda. Compraranse antes as peticións máis antigas, por orde, ata as máis recentes e, sempre, procurando conseguir todos os libros solicitados.
  • Que aceptemos unha proposta de compra non significa que, finalmente, a adquiramos; ás veces, porque o libro está descatalogado e outras porque xa non consideramos importante a súa compra. As variables poden ser moitas e unha aceptación de proposta de compra nunca significa un compromiso de compra. Porén, como saben os que realizaron algunha suxestión, se non está descatalogado, e ainda que non poidamos mercalo tan axiña como nos gustaría, case todo o que se solicita acábase comprando.