Faite socio da Biblioteca

Solicitar el carnet de la Biblioteca | Biblioteca Pública de A Coruña  Miguel González Garcés

Carné gratuíto e único que vale para usar en toda a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

(Se xa tes carné doutra biblioteca da Rede, ese é o que tes que utilizar).

É intransferible, tes que presentar sempre o teu carné.

Para levarlle préstamos aos pícaros (menores de 14 anos) si podes presentar o carné deles.

Hai que presentalo sempre na biblioteca cando queiras levar un préstamo, renovar ou reservar.

A persoa socia comprométese a coidar con esmero os libros e demais materiais da Biblioteca e a respectar as normas e o réxime de préstamo.

No cumprimento da Lei 15/1999 (LOPD), informámoslle que os datos solicitados no presente impreso serán incluídos nun ficheiro REXISTRO DE USUARIOS DA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DO CONCELLO DE NIGRÁN E DA REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA.

A finalidade deste ficheiro é a de obter todos aqueles datos que sexan necesarios para a xestión da biblioteca pública do Concello de Nigrán. En consecuencia, Vd. da, como titular dos mesmos, o seu consentimento e autorización ó Responsable da Biblioteca para incluílos  no ficheiro expresado anteriormente.

O uso destes datos será confidencial e de utilización exclusiva pola Biblioteca Pública do Concello e o titular poderá exercitar gratuitamente os dereitos de accesos, rectificación, cancelación e oposición.

https://bibliotecadoporrino.files.wordpress.com/2017/11/carnes.png

Socios

Resultado de imaxes para carne rede bibliotecas de galicia

 

Sendo socio da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia podes acceder aos servizos e préstamos de toda a rede galega. Sendo socio dunha biblioteca podes utilizar todas as da rede.

3011 socios elixiron a Bibioteca Pública Municipal de Nigrán como a súa biblioteca de referencia.

Isto implica, principalmente, que cando entras na túa conta da páxina https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ os resultados de busca e consulta que aparecen por defecto son os da B. P. M. de Nigrán.

Por cuestión de comodidade, cada socio debe elixir a Biblioteca que máis use, ou a que máis lle guste!   😉

 

Dos 3011 socios da Biblioteca de Nigrán hai:

2544 adultos (1626 mulleres e 918 homes).

467 rapaces (239 nenas e 228 nenos).

 

Na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán temos como socios activos (que usaron o préstamo no último ano):

717 lectores.

 

492 adultos (342 mulleres e 150 homes).

225 rapaces (115 nenas e 110 nenos).

Campioas absolutas de lectura en todas as categorías as mulleres!   🙂

 

Ademais, como dixemos, temos socios adscritos a outras bibliotecas que usan tamén a de Nigrán, como debe ser!   😉

 

Socios activos

 

1.200 socios levaron préstamos no que vai de ano 2017.

O número de socios totais é de 4.180.

Como di o outro: “Ser socio da biblioteca é unha das poucas cousas serias que se poden facer nesta vida”   😉

E é tan fácil, e gratis… :

  • Enche a solicitude aquí.
  • Achégate á biblio.
  • Chama ao 986383979.

Lectores turistas

070608_023c7f24372748c99320369c332fd95a

https://www.google.es/maps/place/Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Nigr%C3%A1n/@42.1396186,-8.8047575,8375m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd258b78ec622753:0x8ef736a042a7f534!8m2!3d42.1418296!4d-8.7936513

A Biblioteca de Nigrán como destino turístico:

247 vigueses son socios da Biblioteca de Nigrán,

moi cerca os seguen os 206 baioneses,

e detrás veñen os 179 gondomareses.

Participa desta experiencia aquí       🙂

Prestatarios habituais

img_1386

1.105 socios levan préstamos de maneira habitual. Ese é o número de socios fieis.

O número de socios totais é de 4.130.

Como di o outro: “Ser socio da biblioteca é unha das poucas cousas serias que se poden facer nesta vida”   😉

E é tan fácil, e gratis… :

  • Enche a solicitude aquí.
  • Achégate á biblio.
  • Chama ao 986383979.

SOCIOS

nosoco1

 

De onde nos vén a xente?

 

A biblioteca ten 3788 socios en total.

 

Do concello de Nigrán temos 3170 socios.

O 83%

 

O ranking por parroquias é:

  1.  San Fiz de Nigrán: 1308 socios. ( 41 %)
  2. San Pedro da Ramallosa: 530 socios. (16.7 %)
  3. San Xoán de Panxón: 513 socios. (16.1 %)
  4. San Mamede de Priegue: 319 socios. (10%)
  5. Santa Baia de Camos: 285 socios. (8 %)
  6. Santiago de Parada: 185 socios. (5 %)
  7. San Xosé de Chandebrito: 30 socios. (0.9 %)

 

Outros sitios relevantes son os concellos veciños:

Vigo: 173 socios (a maioría veraneantes, pero tamén socios ao longo de todo o ano, con especial relevancia os da parroquia de San Miguel de Oia).

Baiona: 53 socios.

Gondomar: 38 socios.

 

E Madrid: 52 socios (incidencia no verán).

 

 

SOCIOS

Na biblioteca están inscritos 3.147 socios.

2.633 son de Nigrán.

NIGRÁN (totais) 2633
Nigrán (S. Fiz) 1125
Panxón (S. Xoán) 452
Ramallosa (S. Pedro  da) 390
Priegue (S. Mamede) 261
Camos (S. Baia) 232
Parada (Santiago) 150
Chandebrito (S. Xosé) 23

514 son de fóra de Nigrán.

Principalmente de Vigo (166) (destacan Vigo cidade e parroquias limítrofes como Saiáns e San Miguel de Oia, Baiona (116) (destacan a vila de Baiona e sobre todo Santa Cristina da Ramallosa) e Gondomar (114) (destacan a vila de Gondomar e parroquias fronteirizas como Borreiros, Donas e Mañufe).

Como facerse socio?