ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA

  • Actividades permanentes:

1. Exposicións de libros.

2. Visitas guiadas.

3. Formación de usuarios.

4. Promoción da lectura.

  1. Exposicións de libros.

    1. Novidades diarias. (As atoparás no andel das novidades 😉 ). Cada vez que veñas á biblioteca verás que temos novos libros expostos. Tamén podes ver como temos diariamente novos libros no catálogo on-line. (Para préstamo). [Periodicidade: DIARIA]
    2. Exposicións temáticas. Selección de libros para amosar os moitos tesouros que temos. Para que descobras novos libros. (Para préstamo). [Periodicidade: variable]
  2. Visitas guiadas.

    1. Visitas escolares. Todos os colexios e centros educativos de Nigrán poden solicitar facer unha excursión á biblioteca. Para descubrir e redescubrir a biblio en calquera tramo educativo! 😀 [Periodicidade: baixo demanda]
    2. Visitas do público en xeral. Pode vir coñecer a biblioteca calquera grupo, estamos encantados de recibirvos! Ven coa túa familia, amigos, asociación da que sexas membro, equipo, club, asociación de veciños, comunidade de veciños… 😉 Ensinamos e explicamos todo o ensinable e explicable da Biblioteca! Tamén nos atrevemos con visitas individuais 😉 [Periodicidade: baixo demanda]
    3. Visitas para bibliotecarios. Se queres coñecer a nosa xungla bibliotecaria acompañado de colegas, so tes que dicilo.
    4. Visitas para estudantes de Información e Documentación. Se queres coñecer a nosa xungla bibliotecaria acompañado de expertos, so tes que dicilo.
  3. Formación de usuarios.

    Explicámosche (en calquera momento!) como funciona a biblioteca, o catálogo, o servizo de préstamo de libros electrónicos… [Periodicidade: baixo demanda]

  4. Promoción da lectura.

a. Temos o noso catálogo on-line (podes ver todo o que hai na biblioteca e se está prestado ou non).

[Periodicidade: DIARIA]

b. Temos un blog para adultos, outro blog infantil e xuvenil.

[Periodicidade: variable]

c. Estamos nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest, Instagram … ).

[Periodicidade: variable]

d. Seleccionamos, difundimos, e recomendamos todas as lecturas posibles!

[Periodicidade: diaria]

e. Sección libros de agasallo: poñemos a disposición do público os libros que non necesitamos, podes collelos gratis de regalo na bancada exterior da biblioteca.

[Periodicidade: diaria]

Actividades puntuais:

Contacontos infantís na biblioteca:

A biblioteca de Nigrán, un ano máis, dentro do programa Ler conta moito, ofrecerá contacontos.

https://rbgalicia.xunta.gal/sites/default/files/styles/imaxe_principal_estandar_coleccions/public/images/paxina/lercontamoitorecortado-1_0.jpg?itok=rFUIUU7T

Tempada 2020. Datas por determinar.

ACTUACIÓN NA BIBLIO

 

Ler ou non ler, esa é a cuestión, de Teatro Patán, espectáculo infantil.

A contista animará á lectura teatral a través da narración, dramatización e mimo de pequenos fragmentos de pezas teatrais para nenos, en interacción con eles. O público dramatizará unha escena de “Jojo. Historia de un saltimbanqui”, de Michael Ende, e farán a banda sonora dun fragmento de “O merlo branco”, de Cándido Pazó.

 

O mércores 16 de maio de 2012 ás 17:00 h na Biblioteca de Nigrán.