Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes.
F. A. Q (frequently asked questions).

  • Como podo ser socio da biblioteca?

É do máis sinxelo. So tes que cubrir un mínimo formulario co teu nome e apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono e correo electrónico. Asinando comprométeste a respectar as normas da biblioteca.

  • Se non son de Nigrán podo ser socio?

Por suposto, ningunha restrición.

  • Hai algún límite de idade para ser socio?

Ningún, calquer pequeniño poder ser socio, e os moi maiores, tamén.

  • Cantos libros podo levar en préstamo?

Os que necesites.

Baixo a premisa de que os libros estan para ser lidos, a accesibilidade dos libros non vai estar mermada por restricións numéricas. Poderáse levar o número de libros que o usuario estime conveniente, segundo as súas necesidades e segundo as normas de préstamo da biblioteca.

  • Cantos días podo ter un libro en préstamo?

    Un mes.

    Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    Os libros de lectura obrigatoria para estudantes teñen un prazo limitado a 7 días (unha semana), por razóns de dispoñibilidade e solidariedade.

    • Cantas veces podo renovar os préstamos?

    As veces que queiras, podes ter o libro o tempo que necesites. Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    • Que pasa se me retraso na entrega dos libros prestados?

    Pois que os mesmos días que te retrasaches, serán os días que teñas que esperar para volver levar libros en préstamo.

    De luns a venres:

    10:00 a 14:00
    16:00 a 20:00

    Sábados:

    10:00 a 14:00

    E no verán:

    De luns a venres:

    9:00 a 15:00

    Sábados:

    10:14:00

    ______________

    Máis preguntas

    __________________________________________________________________

    Pregúntalles aos bibliotecarios

    Neste blog tentamos difundir todo o que pode ofrecerche a biblioteca, aquí atoparás ampla información sobre a biblio, para calquera cousa que precises só tes que facérnolo saber.
    Para calquera tema sobre a biblioteca, preguntas, dúbidas, suxestións, para reservar libros, para pedirnos que compremos algún título en concreto, etc.
    Podes contactarnos por:
    • teléfono: 986383979
    • ou na biblioteca.

    Preguntas, dúbidas, suxestións. queixas…

    CÓNTANOS!

    nigran.rbgalicia@eidolocal.es

    Están traballando na biblioteca:
    • Cris.

     

    • Bea.

     

    • María José.

     

    • Almudena.

     

    • Óscar.

    IMG_20180709_142842__01
    Historia de Galicia, de Manuel Murguía, cun bibliotecario ao lado.

     

     

    Enderezo electrónico: 1granbibliotecario@gmail.com  (nigranbibliotecario estaba collido, tiven que escoller ese, non vaia pensar alguén que foi por ínfulas de grandeza).   😉

     


    Unha biblioteca, e en concreto, ésta de Nigrán, é o froito dos grandes esforzos (ben, cada un dentro das súas capacidades 😉 ) das moitísimas personas que pasaron por ela e que achegaron ideas, traballo e moitas cousas máis. As mellores intencións proxectaronse en ofrecer aos usuarios que nos visitan o mellor servizo, a mellor colección e que teñan una estancia agradable nas nosas instalacións. A todo iso contribuiu, como temos dito, un número enorme de persoas, desde políticos e traballadores ata usuarios da biblioteca, e os usuarios, grazas aos seus comentarios e suxestións, axudaron enormemente a que sexa un lugar mellor. Moitas grazas a todo o mundo.

    De todas as achegas e melloras que incorporou a Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, da súa xestión e funcionamiento, foron responsables os seguintes nomes que se len a continuación nesta honorable lista ou Hall of Fame:

     

     

     

    2019

    Cris

    Bea

    María José

    Óscar

     

    2018

    Cris

    Ana

    Noelia

    Bea

    Benjamín

    Patri

    Selene

    Bárbara

    Óscar

     

    Antes de 2018

    Cris

    Óscar

     

    Esta lista dos que traballaron na biblioteca está incompletísima, se traballaches aquí e queres axudar a mellorala e incorporar o teu nome a esta memoria, so tes que escribir ao correo de la biblioteca nigran.rbgalicia@eidolocal.es