A Ramallosa no Madoz

Entrada Ramallosa (San Pedro), no Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de ultramar, de Pascual Madoz, publicado en Madrid entre 1845 e 1850.

“RAMALLOSA (San Pedro): felig. en la prov. de Pontevedra (8 leg.), part. jud. de Vigo (3), dióc. de Tuy (3), ayunt. de Nigran. SIT. cerca de la embocadura del riach. Miñor en el Océano Atlántico; el CLIMA es templado y sano. Tiene unas 270 CASAS repartidas en 11 lugares. La igl. parr. (San Pedro) está servida por un cura de 2.º ascenso y provisión real y ordinaria. Confina N. Parada; E. Villaza; S. Sta. Cristina de Ramallosa, y O. el mar. El TERRENO es de buena calidad; en sus montes se crian tojos, arbustos y pasto. Los CAMINOS conducen á Bayona, Tuy, Porriño y otros puntos; su estado regular. PROD.: trigo, maiz, centeno, cebada, lino y frutas; hay ganado vacuno; caza de conejos y perdices y pesca de varias clases. IND.: la agrícola, molinos harineros y telares de lienzo ordinario. POBL.: 277 vec,. 1,293 alm.”

___________________________________________________________________________

A Ramallosa na Enciclopedia Galega Universal

Extracto da entrada Nigrán, na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo, baixo o encabezamento Historia:

… hai restos … de dúas vías que atravesaban A Ramallosa, cara a Vigo, pola costa, estando unha delas relacionada coa orixe da ponte de San Pedro Telmo, aínda que a fábrica que presenta na actualidade data do s XII… Coa división municipal posterior ás Cortes de Cádiz, no actual territorio do concello formáronse os municipios de Panxón e A Ramallosa, derogados en 1823.

_________________________________________________________________________

Ponte da Ramallosa

Cadro do ano 1976, pintado por San Luis.

Información da páxina de Patrimonio sobre a ponte románica da Ramallosa.

Publicacións na biblioteca sobre a ponte medieval da Ramallosa.

Entrada da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo, sobre a ponte:

RAMALLOSA, ponte da Construcción situada sobre o río Miñor entre A Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Datada no s XV, foi realizada en cantaría granítica nun estilo de transición do románico ao gótico. Ten arcos semicirculares e oxivais, perfil alombado con tallamares triangulares e dez vans. Atópase no antigo camiño da Guarda a Baiona. “

Máis información sobre a ponte.

____________________________________________________________________________

A Foz da Ramallosa

A Foz da Ramallosa na entrada Ramallosa, A, na Enciclopedia Galega Universal.

RAMALLOSA, A. Complexo intermareal coñecido como A Foz, situado na desembocadura do río Miñor ao S da ría de Vigo, entre os concellos de Nigrán e Baiona. As marismas están protexidas do mar mediante unha frecha litoral, a praia da Ladeira. O substrato rochoso está composto de xistos e granitos. Nas zonas centrais da marisma atópase o golfe, acompañado doutras algas verdes como a mantilla e outras do xénero Enteromorpha. As algas pardas presentes son a especie Ascophylum nodosum e a corbela, que se localizan nos muros dos laterais do esteiro. Na fronte de colonización das areas finas e medias atópase a especie Salicornia ramossima. Cando a duración da emersión das augas aumenta, outras plantas poden colonizar o substrato, como a especie Spartina maritima. No bordo da marisma, e en illotes elevados da zona intermareal, disponse a verdoaga marítima, mentres que nas zonas de recheo artificial aparecen distintas especies do xénero Juncus. En canto á fauna destaca a londra común (Lutra lutra), o alavaco (Anas platyrhynchos), a garza (Ardea cinerea) e as especies Limosa lapponica e Sterna sandvicensis. Foi incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na proposta da Rede Natura 2000, en 2001.

Enciclopedia Galega Universal, 2002, editorial Ir Indo.

Libros no noso catálogo sobre a Foz do Miñor.

_______________________________________________________________________________

Entrada Ramallosa, A. na Gran enciclopedia gallega

Entrada Ramallosa, A. na Gran enciclopedia gallega, publicada por Silverio Cañada, no ano 1974.

RAMALLOSA, A. Lugar de la parroquia de A Ramallosa (Nigrán, Pontevedra). 186 hab. Dista 3 Km. de la cap. municipal.

RAMALLOSA, San Pedro da. Parroquia del municipio de Nigrán (Pontevedra), arciprestazgo de Miñor y diócesis de Tui-Vigo, delimitada por las de Nigrán, Panxón y Parada (N.), Borreiros, Donas y A Ramallosa (S.), Mañufe (E.) y Panxón y la ría de Baiona (O.). Tiene 2.434 habitantes, en las entidades de A Cabreira, Camasella, O Carballal, Os Cotros, A Golada, Igrexa, Lourido, Mallón, A Ramallosa, Rans, O Souto, Tomadas, Vilariño de Abaixo, Vilariño de Arriba, Viso, A Xesteira y A Xunqueira, dista 3 Km. de la cap. municipal, y se comunica por la carretera C-550, Cee-Tui, y una local. Alcanza una altitud máxima de 28 m., está bañada por el arroyo de Ponte Muíñas y su principal accidente costero es la playa América.”

___________________________________________________________________________

Información sobre Nigrán

Aquí podes acceder a enlaces con información sobre Nigrán, e consultar no noso catálogo todo o que temos sobre Nigrán.

Información sobre Nigrán (municipio).

Información das sete parroquias:

1) Camos

2) Chandebrito

3) Nigrán

4) Panxón

5) Parada

6) Priegue

7) A Ramallosa

___________________________________________________________________________