Horario de verán

 

https://encrypted-tbn0.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcQqzxu-XkwpaQ5e_fTgGMnW6nYjWdTtNNQI4Sgc8Ul-6PhVTm1igw

HORARIO DE VERÁN

(Ata o 15 de setembro)

Luns a venres: 09:00 a 15:00 h.

Sábados: 10:00 a 14:00 h.

 

6 horas diarias e as 4 horas habituais dos sábados.

 

A partir do 17 de setembro voltamos ao horario de “inverno” (o que temos 10 meses do ano, o horario, non o inverno  😉    )

Horario (excepto xullo e agosto):

Luns a venres: 09:00 a 21:00 h.

Sábados: 10:00 a 14:00 h.

 

O horario das 12 horas diarias ininterrumpidas, e de bonus: as 4 horas de todos os sábados.     🙂

HORARIO DE VERÁN

(Desde o 1 de xullo ao 31 de agosto.)

HORARIO DE VERÁN

LUNS A VENRES:

09:00-15:00 H.

SÁBADOS:

10:00-14:00 H.

Abrimos todo o ano, en verán, tamén.

6 h diarias pola semana.

4 h os sábados.

—————————-

34 h. semanais.

Lectura asegurada este verán!

A grande obra que sempre quixeches ler, o feixe de libros que estaban buscando tempo para ser lidos, o momento de descubrir un novo autor, cómics sorprendentes, mergullarte nun libro de filosofía, consolidar os teus coñecementos históricos… moitísimas posibilidades de gozar da lectura en Nigrán. Libros para todos; seccións: infantil, xuvenil e adultos.

Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes.
F. A. Q (frequently asked questions).

  • Como podo ser socio da biblioteca?

É do máis sinxelo. So tes que cubrir un mínimo formulario co teu nome e apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono e correo electrónico. Asinando comprométeste a respectar as normas da biblioteca.

  • Se non son de Nigrán podo ser socio?

Por suposto, ningunha restrición.

  • Hai algún límite de idade para ser socio?

Ningún, calquer pequeniño poder ser socio, e os moi maiores, tamén.

  • Cantos libros podo levar en préstamo?

Os que necesites.

Baixo a premisa de que os libros estan para ser lidos, a accesibilidade dos libros non vai estar mermada por restricións numéricas. Poderáse levar o número de libros que o usuario estime conveniente, segundo as súas necesidades e segundo as normas de préstamo da biblioteca.

  • Cantos días podo ter un libro en préstamo?

    Un mes.

    Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    Os libros de lectura obrigatoria para estudantes teñen un prazo limitado a 7 días (unha semana), por razóns de dispoñibilidade e solidariedade.

    • Cantas veces podo renovar os préstamos?

    As veces que queiras, podes ter o libro o tempo que necesites. Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    • Que pasa se me retraso na entrega dos libros prestados?

    Pois que os mesmos días que te retrasaches, serán os días que teñas que esperar para volver levar libros en préstamo.

    De luns a venres:

    10:00 a 14:00
    16:00 a 20:00

    Sábados:

    10:00 a 14:00

    E no verán:

    De luns a venres:

    9:00 a 15:00

    Sábados:

    10:14:00

    ______________

    Máis preguntas

    __________________________________________________________________