Exposicións para levar en préstamo

 

Exposicións para levar en préstamo.

Sempre temos exposta unha mostra, selección, exposición, feixe de libros… 😉

Agrupados por algún tema ou motivo, este espazo de interese quere amosar os moitos e diferentes tipos de libros que temos.

Actualmente temos un grupo de libros que tratan sobre a lectura.

Expo novos libros infantís e xuvenís

three reading boys

Que é? Unha exposición dos novos libros infantís e xuvenís chegados á biblio. Son para levar prestados.

Cando é? O venres 26 de febreiro de 2016, de 9:00 a 21:00 h.

Por que? Porque todos os últimos venres de mes facemos unha exposición cos últimos libros para a rapazada, antes de colocalos no seu andel. Así tes todo o mogollón de libros recén chegados para botarlles un ollo a todos xuntos.