Socios

Resultado de imaxes para carne rede bibliotecas de galicia

 

Sendo socio da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia podes acceder aos servizos e préstamos de toda a rede galega. Sendo socio dunha biblioteca podes utilizar todas as da rede.

3011 socios elixiron a Bibioteca Pública Municipal de Nigrán como a súa biblioteca de referencia.

Isto implica, principalmente, que cando entras na túa conta da páxina https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ os resultados de busca e consulta que aparecen por defecto son os da B. P. M. de Nigrán.

Por cuestión de comodidade, cada socio debe elixir a Biblioteca que máis use, ou a que máis lle guste!   😉

 

Dos 3011 socios da Biblioteca de Nigrán hai:

2544 adultos (1626 mulleres e 918 homes).

467 rapaces (239 nenas e 228 nenos).

 

Na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán temos como socios activos (que usaron o préstamo no último ano):

717 lectores.

 

492 adultos (342 mulleres e 150 homes).

225 rapaces (115 nenas e 110 nenos).

Campioas absolutas de lectura en todas as categorías as mulleres!   🙂

 

Ademais, como dixemos, temos socios adscritos a outras bibliotecas que usan tamén a de Nigrán, como debe ser!   😉

 

Estatísticas maio

Resultado de imaxes para surprise face

Maio 2018.

Visitantes: 1191.

Préstamos: 667.

 

Os 5 máis prestados foron os seguintes, entre os que está, como non, a novela Anagnórise, a obra máis coñecida de María Victoria Moreno (Letras Galegas 2018, que precisamente son en maio):

Orde/BiblioNúmero de ítems Global
Ítem Reconto de préstamos
1 Anagnórise 6
2 Sete Caveiras 6
3 Más allá del invierno 5
4 Vía secundaria 4
5 No soy un monstruo 4