Instalacións e servizos que ofrece a biblioteca

Na biblioteca hai 141 postos de lectura.

Para os lectores infantís hai habilitados 24 postos.

Para os lectores xuvenís hai habilitados 2 postos.

Postos de lectura da sala xuvenil.

Para os lectores adultos hai habilitados 19 postos.

Postos de lectura da sala de libros.

Mesa para lectura de libros da Biblioteca.

Para ler a prensa hai habilitados 7 postos.

Postos de lectura de xornais e revistas.

Para a consulta en Internet hai habilitados 3 postos.

Para estudo hai habilitados 62 postos.

Para traballos escolares e estudo en grupo hai habilitados 24 postos.

Mesas para traballos escolares e estudo en grupo.
IMG_20170403_163901
A entrada da biblioteca, co seu práctico buzón de entregas 24 h.
IMG_20170403_163928
Un dos rincóns máis gorentosos: o das novidades.
IMG_20170403_171807
O recuncho das exposicións bibliográficas.

A biblioteca dispón de:

  • Sala de lectura con 22 postos.
  • Sala infantil con 2 postos.
  • Sala xuvenil.
  • 1 ordenador de consulta e Wifi.
  • Buzón entrega 24 h.
  • Aparcabicis.
  • Baños e baño para persoas con diversidade funcional.

Conta con 38328 títulos consultables por Internet no catálogo informatizado en liña.

Isto inclúe todo tipo de literatura (novelas, poesía, teatro, cómics), e todo tipo de libros sobre as máis diversas materias (biografías, historia, arqueoloxía, xeografía, relixión, filosofía, ciencias sociais, política, economía, educación, etnografía, ciencias naturais, medicina, tecnoloxía, arte, deportes, idiomas, etc., etc., etc.), fondo local (Miñor), fondo antigo (1856-1957), doazón Fdez. del Riego, materiais audiovisuais (DVD, CD, CD-Rom, vinilos, audiolibros, etc.)

Ofrecemos:

  • Consulta de fondos en libre acceso.
  • Catálogo informatizado.
  • Préstamo.
  • Reserva de libros e aviso (ao correo electrónico) cando están dispoñibles.
  • Préstamo de libros electrónicos.
  • Sección de novidades.
  • Acceso a Internet, Wifi.
  • Referencia e información.
  • Formación de usuarios (visitas guiadas… ).
  • Promoción da lectura (exposicións, contacontos [3 contacontos profesionais anuais (como mínimo) dentro do programa Ler Conta Moito] … ).
  • Aceptamos suxestións de compra de libros.
  • Admisión de doazóns (temporalmente suspendida).