


O número de lector está na túa tarxeta de biblioteca, o contrasinal é o que che indicamos cando te fixeches socio (se non o cambiaches na túa conta persoal).
Buscando en Internet: Biblioteca de Nigrán xa atopas a nosa páxina e podes acceder ao catálogo da Biblioteca.
No catálogo podes:
–renovar os teus préstamos (se non hai lista de espera).
–reservar (se está prestado). Se indica que está dispoñible só tes que vir á Biblioteca a collelo.
Para buscar no catálogo tes que escribir na primeira liña de busca o que queres atopar (autor, título, materia, etc.); na segunda liña de busca está o nome da biblioteca na que estás buscando (por defecto, a túa biblioteca de referencia, pero podes escribir outra biblioteca ou deixalo en branco para que busque en todas).