Contacontos 2022

Programa de dinamización da lectura que ofrece ás bibliotecas públicas da Rede a través do seu catálogo actividades de distintas categorías coas que achegar á cidadanía á lectura e á información dunha maneira lúdica e atraínte.

Contacontos na nova Biblioteca Pública Municipal de Nigrán (ata completar aforo; non hai que inscribirse):

O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo por Raquel Queizás.

MARTES 26 DE ABRIL DE 2022 ás 18:00 h.

Aprende galego e inglés con Clover (1.ª PARTE) por Beatriz Cabaleiro.

VENRES 23 DE SETEMBRO DE 2022 ás 18:00 h.

Travesías. Contos pola igualdade por Raquel Queizás.

VENRES 30 DE SETEMBRO DE 2022 ás 18:00 h.

Aprende galego e inglés con Clover (2.ª PARTE) por Beatriz Cabaleiro.

VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2022 ás 18:00 h.

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo.

MARTES 26 DE ABRIL DE 2022 ás 18:00 h na nova Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

  • Narración oral

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (A partir de 5 anos. Público familiar)

Duración

  • 50 minutos

Resumo do contido

En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. As pedras falan, só hai que pararse a escoitalas para poder viaxar ao outro lado, alén.
Coñeceremos historias lendarias protagonizadas por mouras e nubeiras, mulleres con poder e decisión.


 

En Galicia as pedras están vivas. Nelas agóchanse tesouros, nelas viven as mouras encantadas, as serpes grandes, os mouros, os trasnos, os xigantes. Dentro das covas dormen as nubes do Nubeiro antes de formar fortes treboadas. Sobre as pedras descubrimos misteriosos petróglifos, gravados feitos sobre a pedra ao aire libre, que semellan mensaxes secretas que temos aínda que descrifrar. 

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Aprende galego e inglés con Clover

1.ª sesión VENRES 23 DE SETEMBRO DE 2022 ás 18:00 h na nova Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

2.ª sesión VENRES 7 DE OUTUBRO DE 2022 ás 18:00 h na nova Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

  • Obradoiro creativo

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (de 5 a 10 anos)

Duración

  • 75 minutos

Número de sesións

  • 2

  • A actividade consta dun contacontos en galego e en inglés do meu álbum ilustrado “Clover, unha porquiña diferente”, editado por Aira Editorial e con ilustracións de Blanca Millán. Tamén dun obradoiro para aprender o vocabulario relacionado coa lectura grazas ao material didáctico anexo ao libro (a baralla de cartas de Clover e o xogo de atopar vocabulario nas ilustracións). 

Aprende galego e inglés con Clover

Imaxe da actividade

Imaxe da actividade

Travesías. Contos pola Igualdade.

VENRES 30 DE SETEMBRO DE 2022 ás 18:00 h na nova Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

  • Narración oral

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (Nenas e nenos a partir de 3 anos. Público familiar)

Duración

  • 50 minutos

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!

Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai pouco os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a débiles princesas. Mais agora contamos con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos.

Temática

  • Igualdade e violencia de xénero

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s