Suxestións de compra

A Biblioteca ofrece o SERVIZO de suxestión de compra de libros.

  • Estas desiderata ou libros desexados polos usuarios buscan satisfacer o furor lector dos nosos socios con exemplares que non temos na Biblioteca. Xeralmente, as peticións son de novidades editoriais, pero tamén adoitan ser libros máis antigos que forman parte do canon imprescindible.
  • Que aceptemos unha proposta de compra non significa que poidamos adquirila; ás veces, porque o libro está descatalogado e outras porque xa non consideramos importante a súa compra.
  • O criterio para mercar un libro é, fundamentalmente, que vaia ser lido por moitos lectores, se cumpre este requisito, a compra vai para adiante. Un libro que non se le é un obxecto inerte na nosa colección, e algún día atopará ao seu lector, pero a colección ten que ser útil ás persoas lectoras e estar viva, canto máis se use, mellor. Non é un servizo de compra personalizada, polo que libros especializados (universitarios, de oposicións, de temas moi específicos con poucas posibilidades de ser lidos por moita xente) quedan descartados.
  • Se fas a suxestión de compra pola páxina do catálogo recibirás un correo electrónico cando estea dispoñible. Non hai un tempo estimado de agarda. Compraranse antes as peticións máis antigas, por orde, ata as máis recentes e, sempre, procurando conseguir todos os libros solicitados.

One thought on “Suxestións de compra

  1. Pingback: Instalacións e servizos que ofrece a biblioteca – BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s