BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

+ de 50.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD… Cultura, información e entretemento en Nigrán de Miñor.

Pode parecelo, pero Shakespeare non era dos Peares.

Shakespeare mata o porco cunha rosa, de Ramón Reboiras.

Ladrón de bicicletas

Unha vez roubei a froita

Dos teus beizos

Naquel mítico vran

Dos Santos Afrixidos

No Pazo de Lestrove

E seguir vogando

Na corrente xorda

¡Tamén bate un corazón

no peito dos desafinados!

Tampouco se pode dicir

Que éramos xente do país

Por coñecer a lentitude dos bois

Unha cea fría

Agarda ao fillo pródigo

A palmeira sinala o sol

Fronte á casa do indiano

Fun a vida enteira

Escorregando os morcegos da razón

Coa rama dunha xesta

Nunha tarde de campás

Os pombos a voar

Antes de que acabe o día

O gando recollido

Na corte das marabillas

Detrás da parede da escola

Antes do trebón

A nube pensa

No rapás que xoga

Á estornela


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A WordPress.com Website.

A %d blogueros les gusta esto: