BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

+ de 50.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD… Cultura, información e entretemento en Nigrán de Miñor.

A biblioteca está pechada.

Podes quedar cos teus préstamos ata que restauremos o servizo de préstamo. Tamén está o habitual buzón de entregas 24 h.

En canto a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia o autorize, retomaremos o servizo de préstamos físicos na biblioteca.

Daquela, os usuarios non poderán tocar os libros da biblioteca; os libros serán entregados polo persoal bibliotecario. Por isto é moi recomendable que consultes o noso catálogo para saber se o que queres está dispoñible. É tan fácil como poñer en Google: Biblioteca de Nigrán, e picar en catálogo.

O servizo de lectura en sala e outras actividades dentro da biblioteca non se poderán facer ata, previsiblemente, o mes de setembro. A norma de separación interpersoal de 2 m é practicamente inaplicable nun espazo tan reducido e conxestionado como as nosas instalacións. Teranse en conta, en todo momento, a evolución da situación sanitaria e os protocolos de seguridade.

Tes acceso a libros electrónicos, revistas electrónicas, audiolibros, películas na páxina: GaliciaLe e na app: eBiblio. O número de lector e o contrasinal son os mesmos que usas para consultar o noso catálogo.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A WordPress.com Website.

A %d blogueros les gusta esto: