
Unha obra de teatro cun inicio mitolóxico, máxico, de exaltación da natureza salvaxe con todas as súas lendas, misterios e habitantes.
“O cervo escorrega por antre os matos como a truita polas mans”.
O ESTRANXEIRO.– […] As cántigas dos vellos deuses xa morreron e non as lembra ninguén. O esquenzo cairá sobor diste bosco porque outras cousas hai que lembrar.
ADRIÁN.– ¿Non cairá a vinganza dos deuses sobor de nós?
O ESTRANXEIRO.– ¿De que deuses?
ADRIÁN.– Dos deuses do bosco.
O ESTRANXEIRO.– Morreron xa fai tempo.
PAIO.– Ainda non se me acostuman os ollos a istas arbres derrubadas onde o bosco puña medo. Xa non ten onde aniñar a néboa do río i as peles das feras de eiquí anda agora quén sabe onde. Caía o bosco e tiña medo a xente dista terra.
PAIO.– […] ¿Non empezaron todalas cousas coa escuridade da lénda?
FLAVIA.– […] Ti dixeras unha vez que no amor non hai xeometría porque nil non hai distancias.
Escolleu para as súas personaxes nomes antigos, para harmonizalos co nacemento mítico da peza dramática.
Antre o si e o non. Unha frase da que gostaba moito e que utiliza varias veces, e que consagrará, dez anos máis tarde, dando título ao seu poemario Entre o si e o non.
Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1935-Vigo, 2020), na capa do libro especifican que naceu en Tebra, pero a anexionan ao Val Miñor, cando esta parroquia tomiñesa pertence a outro val, o Val de Tebra, precisamente; ou, se se quere, ao Val de Tomiño, ou do Miño.