Hoxe mércores: contacontos

cartaz_raposadas

Hoxe mércores 24 de outubro ás 18:00 h temos contacontos na Biblioteca.

Raposadas: contos para nenas e nenos, de Raquel Queizás.

A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén
achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos
que lles contan na lareira.
Espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.
Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha
melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos
da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar
con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo
e aprender con el traballos do campo.
Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos
póñense a danzar.
Quen danzou por aquí?
Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que
alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.
Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais
personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia
para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as
características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha
forma de vida fomentando o respecto pola natureza.Axudan a coñecer a
contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos
contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
RAPOSADAS
Raquel Queizás
contos para nenas e nenos
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Duración: 50 minutos
Público: nenas e nenos a partir de 3 anos / familias.

https://www.raquelqueizas.com/raposadas/

 

 

 

One thought on “Hoxe mércores: contacontos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s