BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

+ de 50.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD… Cultura, información e entretemento en Nigrán de Miñor.

Fuches malo e trouxeches os teus préstamos tarde?

Tiveches castigado a outro usuario da biblioteca esperando polos libros que tiña reservado?

Deixas vítimas colaterais: os que estaban esperando polo libro empezarán a dubidar da bondade do ser humano…

Se cometiches demora, mora, atraso, delonga, dilación, remisión, tardanza na entrega dos préstamos…

Ui, ui, ui…

Para que isto non pase so tiñas que ter entregado os teus préstamos na data indicada para a devolución.

O día antes de que finalice o préstamo recibes un correo electrónico de recordatorio; aí ainda é posible renovalo.

Ademais tes un buzón 24 h con horario perpetuo e no exterior da biblioteca todo o ano.

Se ainda así tardaches en entregar os préstamos, a Rede de Bibliotecas de Galicia aplica unha suspensión do teu préstamo da seguinte maneira:

1 día de suspensión do préstamo por cada día de atraso e por cada préstamo.

Exemplos:

1 préstamo entregado con 4 días de atraso = 4 días sen poder levar préstamos.

2 préstamos entregados con 4 días de atraso = 8 días sen poder levar préstamos.

3 préstamos entregados con 4 días de atraso = 12 días sen poder levar préstamos.

Advertisement

Unha resposta a “Suspensión do préstamo”

  1. Avatar de PRÉSTAMO – BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

    […] Atrasos na entrega de préstamos: mira aquí o que che espera… […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A WordPress.com Website.

A %d blogueros les gusta esto: