Biblioteca de Nigrán 2016

 

Na publicación Pontevedra: Revista de Estudios Provinciais, expoñían os seguintes datos:

Biblioteca de Nigrán 1987

  • 4.941 volumes.
  • 0,25 volumes por cada habitante.
  • 772 socios.
  • 15 postos de lectura.
  • 30 lectores/día (media).

Reflíctese o problema da falta de espazo e a dificultade á hora de colocar os libros.

 

 

Case 30 anos despois:

Biblioteca de Nigrán 2016

  • 38.415 volumes.
  • 2,1 volumes por cada habitante.
  • 3.947 socios.
  • 40 postos lectura (28 postos para adultos).
  • 45 lectores/día (media).

Temos 33.000 libros máis que en 1987, e exactamente o mesmo espazo para colocalos e expoñelos que hai 30 anos 😦

O incremento de volumes foi moi bo. As aportacións foron básicamente por achegas da Xunta, Ministerio de Cultura, compra, e sobre todo, maioritariamente, por doazóns dos usuarios.

Estamos dentro das recomendacións de número de volumes por habitante.

O número de socios activos é de 1409, o que quere dicir que no último ano, das persoas inscritas,  1409 leváronse préstamos. No 2015 fixéronse 285 novos socios, practicamente, o que ven sendo un socio novo cada día que abrimos, unha persoa interesada na lectura que inicia unha relación estable con nós 😉 .

O número de postos de lectura é irrisorio, pero non caben máis postos no espazo do que se dispón. Aspiramos a poder dar aos lectores unha ampla sala de lectura con cabida para 200 usuarios algún día.

Cunha millor sinalización/indicación de onde queda a biblioteca (agora mesmo é case inexistente), cun mellor emprazamento nun lugar céntrico, ou polo menos, ao carón da vía principal de comunicación de Nigrán, e cunhas instalacións amplas e cómodas (porque acolledoras xa son as actuais 😉 ) a asistencia incrementaríase de maneira moi notable.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s