Historia do sistema de préstamo

prestamo

 

Na biblioteca de Nigrán, o prazo dos  préstamos fai moitos anos era por 7 días. Despois incrementouse o préstamo a 15 días, despois a 21 días e logo a 30 días.

O número de préstamos que podías levar era de 3, logo incrementouse a 5, e despois a 10.

Desde 2012, o prazo dos préstamos e o número deles é á vontade do usuario.

Co cal, o lector leva os libros que desexa e cando acaba a súa lectura, os entrega.

Cando se da o caso de que outro usuario quere un documento prestado, se xa pasaron 30 días, ou se pasaron 15 días (cando son lecturas recomendadas polo colexio ou instituto do prestatario); avisamos para que sexa entregado.

Os libros que solicitan os estudantes tiñan o mesmo prazo de entrega que os demais libros, pero isto non era funcional, pois había moita demanda polo mesmo libro, que en ocasións era simplemente 1 exemplar, e só podia ler o libro unha persoa. Por iso, reducimos o préstamo a 7 días, para que fose un préstamo solidario e puidesen ler o libro máis alumnos. Cando o libro en cuestión ten 400 páxinas, o 7 días serán recordados como épicos polo lector, se é que consegue rematar a lectura. Por iso deixamos en 15 días o prazo de entrega dos libros para lectura escolar, cando hai lista de espera.

 

SISTEMA DE PRÉSTAMO.

a) Podes levar os préstamos que desexes.

b) Entregas os préstamos cando acabes.

c) Entregas os préstamos cando avisemos porque outro usuario os quere. Avisamos despois de que tiveses os préstamos 30 días, ou despois de 15 días (lecturas recomendadas no teu cole ou insti).

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s