- Actividades permanentes:
1. Exposicións de libros.
2. Visitas guiadas.
3. Formación de usuarios.
4. Promoción da lectura.
-
Exposicións de libros.
- Novidades diarias. (As atoparás no andel das novidades 😉 ). Cada vez que veñas á biblioteca verás que temos novos libros expostos. Tamén podes ver como temos diariamente novos libros no catálogo on-line. (Para préstamo). [Periodicidade: DIARIA]
- Exposicións temáticas. Selección de libros para amosar os moitos tesouros que temos. Para que descobras novos libros. (Para préstamo). [Periodicidade: variable]
-
Visitas guiadas.
- Visitas escolares. Todos os colexios e centros educativos de Nigrán poden solicitar facer unha excursión á biblioteca. Para descubrir e redescubrir a biblio en calquera tramo educativo! 😀 [Periodicidade: baixo demanda]
- Visitas do público en xeral. Pode vir coñecer a biblioteca calquera grupo, estamos encantados de recibirvos! Ven coa túa familia, amigos, asociación da que sexas membro, equipo, club, asociación de veciños, comunidade de veciños… 😉 Ensinamos e explicamos todo o ensinable e explicable da Biblioteca! Tamén nos atrevemos con visitas individuais 😉 [Periodicidade: baixo demanda]
- Visitas para bibliotecarios. Se queres coñecer a nosa xungla bibliotecaria acompañado de colegas, so tes que dicilo.
- Visitas para estudantes de Información e Documentación. Se queres coñecer a nosa xungla bibliotecaria acompañado de expertos, so tes que dicilo.
-
Formación de usuarios.
Explicámosche (en calquera momento!) como funciona a biblioteca, o catálogo, o servizo de préstamo de libros electrónicos… [Periodicidade: baixo demanda]
-
Promoción da lectura.
a. Temos o noso catálogo on-line (podes ver todo o que hai na biblioteca e se está prestado ou non).
[Periodicidade: DIARIA]
b. Temos un blog para adultos, outro blog infantil e xuvenil.
[Periodicidade: variable]
c. Estamos nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin, Pinterest, Instagram … ).
[Periodicidade: variable]
d. Seleccionamos, difundimos, e recomendamos todas as lecturas posibles!
[Periodicidade: diaria]
e. Sección libros de agasallo: poñemos a disposición do público os libros que non necesitamos, podes collelos gratis de regalo na bancada exterior da biblioteca.
[Periodicidade: diaria]
Actividades puntuais:
Contacontos infantís na biblioteca:
A biblioteca de Nigrán, un ano máis, dentro do programa Ler conta moito, ofrecerá contacontos.

Tempada 2020. Datas por determinar.