MEMORIAS DUN NINGUÉN

 

POSIBLEMENTE O QUE TEÑA QUE CONTAR non lle interese a ninguén, pero permitídeme, nesta estadía do camiño, que lles confese que a súa falla de interese tanto me dá. Interésame a mín. Interésame a mín, a quen xa case nada interesa.

… aquel rapaz case perfecto, que nunca fixera unha mala acción, que amaba aos seus pais, congregante mariano, de misa e rosario cotián, e que unha noita tentado polo maligno consentiu un pensamente impuro. O pobre rapaz morreu aquela noite en pecado mortal e foi dereito ao averno, queimarse por toda a eternidade. Morrera en pecado mortal e a xustiza divina era implacábel. Cando me contaron tal andrómena xa eu coidei que a xustiza sería moi divina, pero que o xuíz era un cabrón acreditado.

Sempre me gustou o outono, estación sen estridencias. Oferta un abraiante equilibrio de luces, fartura de cores, froita madura e solpores mornos, indo o día de derramada. No outono, sentado debaixo da viña mecha de acios dourados que penduran farturentos, mirando as pavías amarelas e sentindo como a frenla do vento che acariña a caluga, ata un ninguén coida que é alguén e pensa que paga a pena o oficio de vivir.”

Memorias dun ninguén, de Carlos Mella.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s