PRÉSTAMO

Creamos un novo sistema de préstamo.

O USUARIO ENTREGARÁ OS PRÉSTAMOS CANDO ACABE DE USALOS.

Obrigatoriamente deberá entregalos aos 30 días ou aos 7 días (para os préstamos de lectura recomendada polos centros educativos) se avisamos por correo electrónico ou teléfono de que os necesita outro usuario.

Non se fía; unha vez avisamos de que necesita o préstamo outro usuario da biblioteca, a entrega deberá ser inmediata (por normas de pura solidariedade cos demais lectores e de respecto ao servizo público que fai a biblioteca). O  atraso na entrega de préstamos, será sancionado coa imposibilidade de levar novos préstamos durante o mesmo número de días que se atrasou o usuario moroso na entrega.

O número de préstamos será a cantidade que o usuario necesite.

Elimínase a renovación dos préstamos. Cada préstamo poderá ser gozado os días que o usuario queira. Como sempre, se o necesita outra persoa, o préstamo será reclamado para que se entregue; unha vez pasen 30 días de préstamo ou 7 días de préstamo (en préstamos de uso educativo).

Os documentos da biblioteca poden ser reservados.

Todo isto é unha mellora no servizo de préstamo da Biblioteca Pública Municipal de Nigrán. O prazo dos  préstamos fai moitos anos era por 7 días. Incrementouse o préstamo a 15 días, despois a 21 días e logo a 30 días. O número de préstamos era de 3, logo incrementouse a 5, e despois a 10.

Agora, ano 2012, o prazo dos préstamos e o número deles é á vontade do usuario.

https://i1.wp.com/lospgb.com/wp-content/uploads/2012/05/facil.jpg

Esperamos facer un servizo de préstamo máis cómodo e amigable.

Para calquera cousa, como sempre está o noso correo electrónico:

nigran@rbgalicia.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s