ACTIVIDADES DE FOMENTO DA LECTURA

Actividades de animación á lectura para os máis pequenos en Nigrán

A concellería de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán, en colaboración coa Xunta de Galicia, porá en marcha unhas actividades de animación á lectura para os máis pequenos, a través de campaña “Letras Vivas 2012”. As actividades terán lugar na Biblioteca Municipal de Nigrán ao longo dos meses de marzo, abril e maio.

A primeira actuación será o venres 23 de marzo ás 17.00 horas, e correrá a cargo da compañía de animación “Teatro Patán”, baixo o título de Imaxina.

O mércores 18 de abril celebrarase unha maratón de lectura entre as 16.00 e as 20.00 horas, previa inscrición na Biblioteca Municipal.

O venres 20 de abril tócalle a “Érase unha vez…unha estantería”, ás 17.00 horas coa animación de “Mundo Piruleta”.

Unha nova actuación de “Teatro Patán” pechará o ciclo o mércores 16 de maio, baixo o nome de “Leer ou non leer”, esa é a cuestión, tamén ás 17.00 horas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s