BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

+ de 50.000 documentos e cada día novos libros! Temos libros en papel dos séculos XIX, XX e XXI, libros electrónicos, CD, DVD… Cultura, información e entretemento en Nigrán de Miñor.

Preguntas máis frecuentes.
F. A. Q. (frequently asked questions).

  • Como podo ser socio da biblioteca?

É do máis sinxelo. So tes que cubrir un mínimo formulario co teu nome e apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono e correo electrónico. Asinando comprométeste a respectar as normas da biblioteca.

  • Se non son de Nigrán podo ser socio?

Por suposto, ningunha restrición. E se xa es socio da Rede de Bibliotecas de Galicia, so necesitas amosar o teu carné.

  • Hai algún límite de idade para ser socio?

Ningún, calquera pequeniño poder ser socio, e os moi maiores, tamén.

  • Cantos libros podo levar en préstamo?

5 libros máximo.

  • Cantos días podo ter un libro en préstamo?

21 días, renovables 1 vez se ninguén os solicitou.

  • Que pasa se me atraso na entrega dos libros prestados?

Pois que os mesmos días que te atrasaches, por cada préstamo, serán os días que teñas que esperar para volver levar libros en préstamo. (1 préstamo con 1 día de atraso = 1 día de espera)

  • Cal é o horario da biblioteca?

De luns a venres:

09:00 a 21:00

Sábados:

10:00 a 14:00

E no verán:

De luns a venres:

09:00 a 15:00

Sábados:

10:00 a 14:00

  • Podo donar libros?

Si, pero teñen que estar en bo estado. Entrégaos no mostrador ao persoal bibliotecario. Non se admiten libros en mal estado, libros de texto nin enciclopedias. 

Pautas para un bo uso da Biblioteca.

Advertisement

Unha resposta a “PREGUNTAS MÁIS FRECUENTES”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A WordPress.com Website.

A %d blogueros les gusta esto: