“O SEU COMPROMISO, NA BISBARRA AVIONESA, quedou reflectido pola representación do Santiago matamouros da igrexa parroquial de Amiudal.
E aseguran que para botar fóra da bisbarra a toda aquela chusma chilabera que se agochaba no castelo de Ripás, utilizaba un poderoso canón de ferro que superaba a distancia con moita facilidade. E certifican para demostralo, que no máis alto do monte do Castro hai unha estrutura circular feita en pedra que era o lugar onde se asentaban os alicerces da devandita batería.”
p. 31
Contos, historias e lendas da Serra do Suído (Avión-Ourense), de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.