O ECO DE RAMALLÓN. (1992), ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO

“AOS DOUS DÍAS de encamado, veña facer carreiras de aquí para acolá o moi fillo de futin. Andaba xa nos oitenta anos e veña de acolá para non sei onde, sen parar. ¡E a mofarse, carallo!

p. 28

“E o outro a dicir que anda medio aparvado… Se anda medio aparvado, mellorou cantidade, o cincuenta por cento…”

p. 45

“Sei que non é moi habitual que ninguén teña na casa tres monos azuis de cú vermello, agresivos, chións, insolidarios, egoistas e pelexóns. Mais eu tíñaos, e aínda que nun principio sentíame un chisco molesto con eles, agora fáiseme durísimo prescindir da súa compaña.
Fíxenme cargo dos monos unha noite de apostas. Un tal Rufo, amigo duns coñecidos meus, presumiu de que eu non era quen de subir as escaleiras exteriores da Residencia dos Anciáns de tres en tres. Eu repliquei que era moi doado facelo, sen maxinar que eran vinteseis, e polo tanto cunha clara imposibilidade para subilas de tres en tres, sen embargo tireime á aventura. Pero como na aposta non estaba contemplada a circunstancia dun probable accidente motivado polo coñá mesturado coa cervexa que eu levaba, desde hai varias horas, rebulindo polo meu sangue, cando esvarei e caín na explanada da entrada, contra a que por certo, crebei un dente, os xuices, posuidores tamén dunha brillante cogorza, non tiveron máis remedio que recoñecer que eu chegara ata arriba contando de tres en tres, e que conquerira legalmente o cimo. Foi unha gran sorte porque axiña regaláronme tres monos azuis de cú vermello.”

p. 81

O eco de Ramallón, de Alfonso Álvarez Cáccamo.

One thought on “O ECO DE RAMALLÓN. (1992), ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO

  1. Pingback: Non che gustaría ler…? – BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s