UN HOME DE VILAMEÁN. (1976), XOÁN BERNÁRDEZ VILAR

“O PADRE MARIANA chega a afirmar que os galegos eran “xente feroz que non obedecía ós reis”.

p. 7


“No ano de gracia de 1460 a súa santidade O Sumo Pontífice de Roma, Pío II, nomeou arcebispo de Compostela a un deán do Cabildo de Sevilla de vinte anos de idade chamado Alonso de Fonseca. Dous grandes señores, Pedro Álvarez Osorio, Conde de Trastámara, e Bernal Iañes de Moscoso, puxeron entón en pé de guerra as súas mesnadas. O primeiro coa angueira de facer arcebispo a un fillo seu que xa era coengo, e o segundo porque coidaba ser el o home axeitado para ocupa-lo posto, botada a conta do mal que lle ía no seu matrimonio. En tales circunstancias o porvir que se lle presentaba ó novo e xuvenil prelado non parecía nada falangueiro.
Matinando nisto, o Arcebispo de Sevilla, tío seu e chamado tamén igual ca el, conseguiu o troque dos arcebispados. É dicir, iría el para Compostela e ficaría o seu sobriño na Sé de Sevilla. Unha vez conquerido isto encamiñouse á cidade do Apóstolo á fronte dun pequeno exército.”


p. 19




“Morreu moita xente; unha raíña foi botada encoira na lama e houbo que medirlle as costas a un arcebispo.”


p. 24




“Serviuse o xantar e a irmá de Pedro encargouse de cortar ó cabrito as súas partes e entregarllas á súa cuñada, como compría no caso.”


p. 28




“Aquel mesmo día don Alvar Páes de Soutomaior, xefe dunha mesnada de setenta lanzas e dous mil cincocentos peóns, decidía o destino dun rapaz de dezanove anos que xa empezaba a sentirse estreito dentro dos muros afortalados da Catedral de Tui.”


p. 91




“Nese día, dende Baiona a Priegue e dende Vilameán a Peitieiros, teredes que mobilizar á xente cara ós obxectivos que se vos sinalen. Pero non esquezades nunca: as igrexas, as ermidas, as capelas e os mosteiros, teñen que ser respetados.
–¿Os mosteiros tamén?…
–Iso é o que dixen.
–Pero irmán, o mosteiro é o que nos atafega a nós: a xente do Miñor non temos outro señor que o Mosteiro de Oia. Esta é a nosa cuestión.
–Tratamos de resolve-los problemas de todo o reino. A maior parte da igrexa está coa irmandade. Non debemos de enfrontarnos con ela. Correríamo-lo risco de que fixesen causa común cos señores. Mais asegúrovos que tamén os mosteiros respetarán a nova lei. Se algún non o fai seguirá a sorte das fortalezas. Mais agora é preciso que actuemos todos coas mesmas normas en tódalas partes. Atacaremos nada máis que a aqueles señores que non entreguen as súas fortificacións. Moitos son inimigos da propia igrexa da que toman as rendas. A Irmandade, non o esquezades nunca, é un movimento cristián, contra a opresión, non de vinganza. Niguén deberá toma-la xustiza pola man. Non se deberá matar a ninguén, nin tampouco dar berros de “¡morran os señores!”. Tódalas accións hanse facer baixo o pendón do Apóstolo á voz de Deus Fratesque Galeciae.”


p. 97-98




“Vin levantar en Irmandade á cidade de Santiago e ás vilas de Noia e Muros e toda a Ría da Arousa e tódalas terras da súa comarca en derredor. E así levantadas tiñan  e nomeaban alcaldes e cuadrilleiros, os quales traían varas de xustiza pintadas con saetas. Uns chamábana a Sancta Irmandade e outros dicíana Fusquenlla. Os alcaldes e cuadrilleiros e outros deputados que tiñan, rexían e mandaban nas xentes e facían xustiza cos ladróns e malfeitores, ós que axustizaban á saeta.” Pedro Campixo, mercader de Noia, de 70 anos.”


p. 160







Un home de Vilameán, de Xoán Bernárdez Vilar, grandiosa novela sobre a revolución irmandiña, completada cunha magnífica táboa histórica.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s