Xente no rodicio

“SAÍU DA IGREXA alancando. Nin sequera se detivo para mollar os dedos na pía da auga. ïa coma entolecida. Non falou con ninguén. Sentía que todos a ollaban; que todos lle querían pedir contas… O mundo enteiro derredor dela, atenazándoa cos ollos. Para máis, chovía a reverter. Asolagaba. Entalábanselle os zocos na lama.
Entrou sen pensalo, na caseta do agro. Sentouse nun recuncho. Estaba pingando, aterecida. Choraba.Pasou o mandil polos ollos para enxugar aquel as dúas fontaíñas. Era unha treboada de anguria e medo e xenreira, que estalara nela cando escoitou o sermón. Non tiña dúbidas: as verbas queimantes seguiron ao Evanxelio, ían para ela. Resoaron na igrexa coma tronos. E aqueles brazos, envoltos en roupa sagra, semellaban dúas gadañas sobor do seu pescozo.”

p. 47

“Miña nai andaba ao xornal. Vivía nunha caseta e deitábase cun serrador portugués. Un día quedou para diante, e o serrador liscou para non apandar co fardel. De alí a pouco nacín eu. Crieime de leira en leira, enredando coa millán e cos grilos. Miña nai traballaba polo día, e de noite sempre viña algún peilao quentarlle as pernas. Eu era pequena pero non tardei en decatarme de todo aquelo. Ata o portugués voltou unha mañá, traendo laranxas para a “súa crianza”.

p. 60-61

Xente no rodicio, de Xosé Neira Vilas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s