Escola de menciñeiros e fábula de varia xente. (1960)

“CHEGÓU A TER fama de mago. Anunciaba as crías que traguerían as cochas, i adiviñaba si ún que estaba nas Américas vivía ou non. Hai xente en Labrada i en Begonte que aseguran que estivo ó mesmo tempo en lugares separados seis légoas. Os derradeiros anos da súa vida somentes falaba en latín, i a xente entendíalle todo. Un día aparecéu morto nunha xesteira, coa cara comesta por unha animalia, quizaves un lobo.
–Por un lobo non foi, dice Marcelo de Muras, capador, que sempre anda de monicas, e dice mui burlento cando lle preguntan pólo oficio: 
–¡Capador, pra servilo!”…

p. 73

Escola de menciñeiros e fábula de varia xente, de Álvaro Cunqueiro.



“Lomas, que se chama Xustín, Xusto, de propio nome, tiña mui estudiado o Diluvio.
–¿A que non sabes cál era o  millor oficio pra cando rematase o Diluvio i a xente se apease da Arca? Pois o millor oficio, sin comparanza, o de périto. Porque había que volver a medir tódalas terras, que as augas i a lama borraran os lindeiros. ¡Vaia ganancias, cos preitos que se porían, as dos abogados de Mondoñedo!
Lomas ouvira que o raposo non subira á Arca e que conviña saber que fixera Rabiscollo pra non morrer afogado. 
–O golpe non quixo subir á Arca. Decíanlle dende ela: “¡Vente, hom, que hai galiña drento!”, pro o golpe non iba.
–Chéirame a can!, berraba.
I o golpe non foi. Cando a Arca entróu na marea, quedaba o golpe nunha pena, co rabo levantado.” …

p. 140-143

“Falaba pouco e rouco, e nós ríamos do seu falar, “autro” por “outro”, “camín” por “camiño”, “sógera” por “sogra”, e de que ás sambesugas lles chamase “zugabellas”. Puxéronllas no ventre sete días seguidos unha vez que o roera un teixudo, que collera vivo cando faguía os primeiros maíces fora da covacha.
–Salvínme do arrabio, decíanos.
E nós ríamos do romance seu e da menciña.”…

p. 146

Escola de menciñeiros e fábula de varia xente, de Álvaro Cunqueiro.

2 thoughts on “Escola de menciñeiros e fábula de varia xente. (1960)

  1. Ola, Son Cristina do ceip Carlos Casares. Gustoume moito a estructura do voso blog, e os enlaces ao catálogo e as diferentes seccións da vosa biblio. Os nenos e nenas de infantil quedaron, coma sempre, felices coa visita. Moitas grazas!

  2. Pingback: Non che gustaría ler…? – BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s