Seis cordas e un corazón

“CHITO NON ESTABA contento, chamárao un colega para que lle emprestase a burra, unha Kawasaki 500, era a burra máis potente da cooperativa. A Chito non lle facía moita gracia, pero debíalle algúns favores ó tipo, entre eles salváralle unha vez a vida. Os dous andaran no mesmo barco, e unha noite pararan en Lisboa. Chito meteuse nunha casa de putas e á saída estábano esperando catro negros que o meteron nun calexón. Sacáronlle un coitelo de monte e puxéronllo no pescozo, despois de facérenlle un corte na cacha de aviso. Cando lle estaban sacando a carteira, escoitouse un disparo e P. B. Jones apareceu polo calexón, apuntándolle ó negro do coitelo ós ollos. “O primeirro disparro foie ó arre, perro o segundo pódess serr cegoo.”
–Acórdome desas palabras e de como as pronunciou –dixo Chito–. Os negros abríronse correndo polo calexón, e P. B. Jones e mais eu fomos celebralo a outra casa de putas.”

Seis cordas e un corazón, de Roque Morteiro, 1989.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s