O castelo de Pambre. (1895), de Antonio López Ferreiro

“O PRAN ERA finxir un asalto por todas partes ao castelo para chamar a tódolos defensores a sobre dos muros e, nesto, saír do burato, atrancar ben a porta da torre, cañar a algún que pola ventura quedase dentro e, despois, subir ás troneiras e desde alí a boca de xerro e polas espaldas, saetada que te criou contra os do castelo.
Como pensaran, así lles saleu. Gonzalo Ozores dispuxo a súa xente como para asaltar o castelo por tódolos lados, e ao sinal dado todos, facendo grandes estremos e berrando e ouveando canto podían, lanzáronse como resoltos a brincar nas murallas. Acudiron todos ou case todos os de adentro ao adarve para rechazar o asalto e, nesto, os que estaban no suterranio, decatáronse polas voces e polo ruído destes movementos e maniobras, foron arredando a pedra que servía de tapa e saliron don tobo. Macías, que conocía tódolos rincós do castelo como os dedos das maus, subeu cos compañeiros do sótano da torre ao primeir piso, atrancou ben a porta e despois pasou ao segundo piso. Alí encontraron dous escudeiros que quedaran gardando a torre e, arremetendo con eles con toda furia, logo os deixaron secos. Xa nada lles estorbou que desde as troneiras emprendesen a saetada limpia contra os do adarve, e con tan bo ollo e con tan boa man que cada disparo era un home a terra.
Pola súa parte, os de afora, ouservando aquela estragueira, cada vez con máis ánimo e con máis brío foron apertando o cerco e xa se dispoñían a escalar os muros, polo que os defensores do castelo, véndose antre dous fogos, dos cales non sabían cal era o pior, pidiron parlamento ca intinción de entregarse. Mais, por eso, Macías e os seus compañeiros siguíronlles atizando de firme, dando ao mesmo tempo moitos berros e alaridos como quen que era moita xente, para obrigalos a rendirse a discreución o canto máis antes.
Así o fixeron, ao cabo, os do castelo, anque non fora máis que por verse libres daqueles escoleres que os aburaban a saetadas e que, sin saber eles como, se lles enxaretaran dentro da torre. Así foi que xa lles tardaba o abriren de par en par as portas da fortaleza.”

P. 107-108

O castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s