Un episodio das guerras de Restauración , invasión da Galiza en 1665

 

“Ás seis da mañá do día seguinte partiran de Bonaval direitos a Bayona. A ala direita (o corno direito, como di o noso Autor) pasóu máis a leste, por Gondomar, e foi aloxarse no famoso palacio dos condes do mesmo título. O noso reporter descríbenos a mañífica vivenda, logo deseguida desfeita polo polo vandalismo soldadesco. A súa narración ten, pois, apreciábel valor arqueolóxico e artístico: “Disposto com curiosa grandeza e com magnífica e nova arquitectura, se começaba por uma agradável e estendida alameda, bem povoada de castanheiros, que, desembocando em um capacíssimo patio, o formoseava uma bem lançada escada com um descoberto, rodeado de alguns remates de pedraria com duas janelas ou balcoes de grande sacada, que, descobrindo uma linda vista, guardaba uma excelente perspectiva.
Os aposentos interiores eram todos revestidos de finíssimos bordos; començando do primeiro pavimento até ao tecto, ficavam as paredes tôdas repartidas em paineis com bem ordenada correspondência. Dividindo-se por igual com molduras de meio relevado, subiam até á cornija, que se guarnecia de várias e curiosas empresas tecidas com o escudo das armas dos Castros e dos Cunhas”. O xardín, “prolongado e irregular, ornado e vestido de povoadas murtas era trânsito para uma tapada, abundantíssima de porcos, veados, corças e outras especies de caça”.
A xente dos arredores, confiada en que os portugueses respeitarían o nobre pazo de Gondomar, tiña transportado para alí o que desexarían se salvase do saqueo. Esperanza inútil: os soldados roubaron e destruíron, sen distinción, convertindo o fermoso pazo nunha triste ruína. Así o dí o noso Autor: “êste edificio que, por súa grandeza e por suas depêndencias foi tantos anos ídolo de respeito, arruinado agora, será padrao das lágrimas de toda a Galiza”.
Seguíu o exército pola ponte da Ramallosa e avistóu Bayona, coa súa fortísima praza de Monterreal, defendida por máis de 1000 soldados de infantería, con muita artillería. Aloxáronse os portugueses en San Pedro de Filgueira. Os soldados estaban mortos de fadiga, agravada polas ventanías e augaceiros. Na terceira feira, de noite, o sarxento-maior Miguel Carlos, á cabeza de catro tercios de infantería e de 500 de cabalería foi para atacar Bayona; pero caía tanta auga que os guías se perderon, a vanguarda perdéu a ligazón coa retaguarda, de xeito que se viron obrigados a regresar en destrozo ó cuartel de San Miguel de Oya. Esa noite foi tan tormentosa “que era necesario marchar a nado ou nadar em batalha”.
Entretanto, a pobre Galiza sofría os horrores desta guerra de devastaciós, e un clamor xeneral levantábase contra os cabos casteláns, impotentes para a defenderen. Era principalmente recriminado o mestre de campo xeneral Baltasar de Rojas y Pantoja, que con 20 escadrós de cabalería e 2000 infantes, postados no alto das montañas, a legua e meia de Oya, non ousaban intervir, asistindo impasíbel a todo aquel imenso perxuicio.
Avanzóu o exército impunemente en direición a Vigo, na mañá do 4 de novembro. Como a cidade estivese ben defendida, os soldados foron autorizados a saquear a vila de Bouzas, poboación rica de 1000 habitantes, adicados ó comercio e piratería do mar e ós que os nosos portos de Viana e Caminha debían xa considerábeis danos. Despóis de completamente saqueada puñéronlle lume: e era de ver o incendio, agravado e mantido polo alquitán e brea e polo azúcar e tabaco das presas. Houbo casa na que se queimaron por riba de 300 caixas de azúcar, fora as alfaias, riquísimas. Todo ésto nos conta o noso Autor no seu enfático estilo: “nao sendo menos voraz a cobiça que as flamas, ardendo en roubos, se abrasava roubado; até que últimamente ficóu antes na memória que nos vestígios”.
Toda esa quinta feira os soldados percorreron os lugares ricos do Val do Fragoso, que saquearon e destruíron impiedosamente. Na sexta feira, de mañá, partiron en direición do Val de Vairiño e queimaron Porriño, grande depósito das faitorías do exército, onde había muita fariña e biscoito. De ahí espalláronse polos arredores, entretidos no pillaxe, pero, ricos xa dos despoxos anteriores, “nao roubavam tanto por ambiçao como por hábito”. Nesta obra de destrucción ocupáronse até o domingo. Neste día partiron para Gondomar, por entre un neboeiro densísimo e baixo ameaza de temerosa tempestade. Na terceira feira subiron ós cumes do Cereixo, extenuados, ensopados, non podendo xa co peso das rapiñas. Fixeron unha parada para se enxugaren.
O inverno tíñase revelado, muito máis do que o home, o mellor defensor da Galiza. Os cabos verificaron a imposiblidade de ir máis alén naquel terreno perigoso de montes, néboas e augaceiros. Retrocederon pois ós campos que tiñan talado e foron sitiar o forte da Guarda, última empresa, a máis cruenta e pesada de sacrificios de toda aquela campaña. Sempre debaixo da auga, abalaron da cuartel de Cereixo 2000 infantes e 800 cabalos e tomaron os postos e as estradas que daban acceso á frotaleza: a ponte do Tamuxe, a estrada de Bayona e a ribeira do Miño. Logo a seguir, na sexta feira chegóu o corpo do exército, tendo a infantería ocupado o monte de Santa Tecla.
Entróu en acción a mosquetería e a artillería. Nos traballos de enxiñería, feitos máis ou menos a descoberto, muitos portugueses foron feridos e mortos. As baterías comenzaban xa a destruir os parapeitos da praza, que se defendía gallardamente, causando destrozos do enemigo. No sábado, 21 de novembro, foi o ataque en forma. A loita foi durísima e nela distinguíronse os tercios trasmontanos, ó mando de Diogo de Caldas Barbosa. Encurralado no interior da fortaleza, e baixo a ameaza das minas, a praza tivo que capitular. A 23, a guarnición española saíu da Guarda, cunha peza de homenaxe e 200 feridos. O seu comandante era Don Jorge de Madureira, portugués, feito curioso, que o conde da Ericeira se esquecéu de sinalar no Portugal Restaurado.
 Unha vez ocupada a praza, finóu aquela campaña, cuio relato o noso cabo de escuadra intitulóu, con razón: Galiza destruída. O remate do seu diario traduz, cunha ufanía militaresca, dina de mellor emprego, e explicábel polo uso do tempo e quizabes pola forza das circunstancias, a imensa desolación daquel fermoso cantiño galego:
“Campearam as armas portuguesas, por espaço de 32 días o melhor da Galiza, devastaram o mais rico, nao perdoaram ao mais forte, invadindo e talando os vales do Rosal, Minhor, Fragoso, Lourinho, Cereijo, queimaram as vilas de Bouças e Porrinho, entraram a vila de Bayona. No decurso de tôda esta marcha, o exército alojou en sessenta e oito freguesías, arruinando e destruindo melhor de duzentos lugares. Ultimamente, arrematou e coronou a empresa com a melhor fortificaçao de toda a fronteira”.

M. RODRIGUES LAPA

Artigo de Manuel Rodrígues Lapa na revista Grial (n.º 8, abril, maio, xuño 1965)


Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s