120 ANOS DE CICLISMO GALEGO. (2007), Xerardo González Martín


“A PESAR DOS moitos anos de práctica ciclista, os deportistas seguían tendo, de vez en cando, os mesmos problemas que cando empezaron a percorrer as estradas. As agresións de paisanos eran relativamente frecuentes, feito que se repetiu logo cos automobilistas. Na primavera de 1897 os ciclistas tiñan noticia de que o director do prestixioso periódico El Deporte Velocipédico e o representante para España das bicicletas Clément, eran agredidos en Madrid, no camiño ao velódromo de Chamartín, “por unos salvajes que les azuzaron unos perros, sacando uno de aquellos una navaja y dándole otro un fuerte garrotazo al Sr. Sierra –director propietario de El Deporte Velocipédico–, que recibió algunas heridas de consideración“.

En ocasións, os que defendían a integridade dos ciclistas ante esas agresións, eran tan malos ou peores que os agresores. P. M. asinaba tamén en 1897 un comentario sobre aquelas agresións, e despois de aconsellar ir provisto dun garrote para os cans pequenos e aínda de mediano tamaño, escribía textualmente: “Ir despacio al pasar al lado de los carros […] Hay casos en que el carretero amenaza al último (ciclista) por ir solo. En caso de disputa, mantener una actitud digna, y si llega el momento de sacar el revólver, apuntar primero sobre una mula, no al carretero; lo siente más y se calman antes. Un animal vale más que un carretero”

120 anos de ciclismo galego, de Xerardo González Martín.

_____________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s