DERROTAS CON RAÍCES. (2007), Modesto Fraga

“A CARLOS CASARES

(Soneto acróstico)

Para Kristina Berg


Así, sen avisar, tan vespertino
Como un coitelo de matar, calado.
Así chegou, caladamente: “¡Eu vino!”.
Repentino lamento delicado.

Lamento delicado, repentino
O día da traizón xa foi chegado:
Sacho, cravo da terra, fatal sino,
Como unha aixada de matar, calado.

A morte, devagar, foite agardando
Sentada nun sillón azul e frío
Alí onde o verán é un sol espido.

Recorda que a memoria vive cando
Estala como un caudaloso río
Sempre no corazón, vento ferido.”

P. 81

Derrotas con raíces, de Modesto Fraga.

_____________________________________________________________________

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s