PROFUNDIDADE DE CAMPO. (2007), Yolanda Castaño

“CANDO DEIXO DE ser flor,
molesto.

Pero o duro era ser, o
infatigablemente aciago.

Que eu contraese algunha seria doenza
favorecería grandemente á miña proxección literaria.

Como non teña traballo, marcho para Las Vegas.
Nos Estados Unidos son máis guapa que en ningún sitio.

Pero teño sido agre e pretenciosa,
teño sorrido por interese propia,
a axetreada capitalista sexy;
compensei polos meus días de impotencia.
Ser
é o difícil.
Cando falei só contemplaron os meus labios.

¿Se me tomo un descanso iso
farame irresponsable?
¿se son vulnerable
serei pisoteada?
¿se me fosen peor as cousas
quereríadesme máis?

Unha profusa navalla é o proxecto da identidade,
un reiseñor mecánico a tarde.
Tanto souvenir acabará con Notre Dame
¿Onde estabas cando te necesitei?”



P. 10

“Na autoestrada quedan marcas de curvas imposibles,
liñas vacilantes que acaban directas contra a mediana.

Como quedaría a miña beleza de espiga
tronzada e sangrante contra o cristal do parabrisas,
e cal sería o exacto estado dos meus peitos
que xa non caerían
nunca máis?

P. 15

Profundidade de campo, de Yolanda Castaño.

______________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s