Lenda sobre as dunas de Gaifar en Panxón.
![]() |
Gaifar está en Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra).
Houbo un tempo, ben lonxano por certo, no que había un portiño na beira do mar. Os habitantes decidiron chamalo Caifás e ese nome lle quedou.
Co tempo, apareceu Xesús Cristo resucitado pola vila e esixíu o cambio dese nome de tan mala lembranza para el. Mais a xente repúxose e dixeron que era o nome da súa aldea dende sempre e que non querían cambialo.
En vista de que os aldeáns teimaban con manter o nome, Xesús Cristo deulles un ultimatum:
—Ou lle trocades o nome, ou a vosa viliña desparecerá mañá cuberta pola area.
A xente elixiu seguir chamándolle á súa aldea co mesmo nome de sempre e ao día seguinte, a aldea desapareceu debaixo dunha duna de area traída por unha onda xigante.
Os sobrevivintes tiveron que marchar daquel lugar e construíron novas casa un pouco alonxados da duna. Co tempo, a aldea medrou e chegou ata a duna que a xente rebautizou co nome de Gaifar esquecendo o vello nome que tantos problemas lles dera.
[Texto elaborado a partir da información facilitada por Pedro Salgueiro Sexto, O Porriño (Pontevedra), a quen lla contou un pescador de Gaifar quen a escoitara, á súa vez, da súa nai]
BIBLIOGRAFÍA
CUBA, X. R., MIRANDA, X. e REIGOSA, A., Diccionario dos seres míticos galegos [Cidades Enterradas, Gaifar], Xerais, Vigo, 1999.
No Diccionario dos seres míticos galegos, o breve texto sobre Gaifar é:
“Gaifar Cidade enterrada, non se coñecen as causas, no Castro, en Nigrán.”
Información contida no libro Os nomes da terra:
_____________________________________________________________________