A biblioteca na prensa

Artigo do Faro de Vigo sobre a Biblioteca de Nigrán.

Nesta noticia, o redactor da mesma pon de manifesto varias verdades manifestas:

1) as poucas dimensións do local que acolle á Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

2) o seu emprazamento afastado dos núcleos grandes de poboación do concello e dos viais principais.

Antes do seu lugar actual, a biblioteca estaba no edificio do Concello.
Despois, instalouse na Praza de Castelao, no lugar de Ceán.
Como case que todas as bibliotecas, a de Nigrán foi habilitada nun local que antes tivo outros usos. Foi concello (con dependencias como Xulgado Municipal, ou calabozo), escola infantil, local para manualidades, tivo tamén unha dependencia para uso do desaparecido club de fútbol Dunas.
A biblioteca empezou ocupando a planta baixa. Actualmente utilízanse os dous andares da construción. Fai poucos anos foi rehabilitada integramente, dotándoa de nova cuberta, novos baños (incluíndo un accesible para discapacitados), novo mobiliario (andeis, puntos de luz, calefacción, deshumidificadores, incremento de postos de lectura). VER INSTALACIÓNS.

Por outra banda, o redactor do periódico, tamén cravou o título: “Un lugar para no estudiar” porque, realmente, estudar é un dos usos menores ou residuais para o que está concibida unha biblioteca pública municipal, xa que non é unha sala de estudo, e moito menos unha sala de estudo para usuarios universitarios ou de instituto que xa teñen os seus centros específicos para estudar e que por razóns de comodidade (as súas bibliotecas universitarias quédanlles lonxe no seu mes de vacacións de agosto), ou porque estean pechadas, pois elixen as bibliotecas municipais para preparar as súas tarefas académicas.

A biblioteca pública está para proporcionar información a todo tipo de usuarios, e facilitar o acceso á cultura dos cidadáns, sexa a través do préstamo de libros, da consulta ou lectura na biblioteca dos fondos que posúe, ou para informarse e ler no gran mundo informativo e divulgador que é Internet.

Unha incorrección na que caeu o periodista foi no que respecta ao transporte público. Si hai unha liña de autobús que pasa pola biblioteca (ten a parada máis próxima a poucos metros, diante do cemiterio municipal). Aínda que a frecuencia e rutas deste servizo de transporte público non sexan as idóneas.

Con toda certeza e máis ou menos urxencia, Nigrán necesita unha biblioteca de maiores dimensións (disponse de terreo anexo á mesma para facer unha máis que decente ampliación).
Pero como recolle no artigo o Faro de Vigo: “Las autoridades municipales reconocen que el espacio es insuficiente. El concejal de Cultura, Anxo Valverde, comprende el malestar de los jóvenes, pero reconoce que el concello no dispone en la actualidad de un lugar mejor para destinar la biblioteca.”

De todos modos, como reflicte a fotografía do periódico, os días de aluvión de estudantes, xa pasaron, e xa sobran sitios nas mesas. A situación de cheo limítase ás tres primeiras semanas de agosto, e por regra xeral, ata 2 horas despois de abrir a biblioteca non se enche, e hora e media antes do peche xa empezan a aflorar cadeiras baleiras de novo.

Fóra de estas datas en agosto, as cadeiras dos postos de lectura soen estar dispoñibles para os usuarios que se achegan usualmente.

_______________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s