O CASTIÑEIRO E AS CASTAÑAS. (1997), Elixio Rodríguez Quintas

“… A CASTAÑA FOI deica os anos corenta a salvación da fame, coa bica e o leite…

Os antigos, antes dos romanos, no Noroeste de Portugal, vivem de castanhas; a castanha substituia o pao em larga medida… a cristiandade, dicemada polas rázias da mouramia, logróu sobrevivir graças à castanha…

É un excelente alimento, coas súas 113 calorías por cada 100 gramos de froito. Como din os entendidos: 2 kgs. de castañas son de tanto alimento coma 3 kgs. de patacas. O sustitutivo vido das Américas, polo tanto, se foi efectivo, foino pola cantidade

p. 7

O castiñeiro non será autóctono do Noroeste, pero, como amosan os fósiles, si de grande antiguedade. As turbeiras á beira dos castros, presentan polen de castanea sativa que é anterior con moito, á vinda dos romanos. Así nas turbeiras de Monte Buio, Lu., e no castro de Lucenza ó sur de Ourense.

Parece que algunha análise polínica sitúa a súa presencia no Noroeste no 1580 a. C., por inzo vexetativo, natural. Con todo, e de ser así, o seu aproveitamento non se faría notar como o da belota ou landra en tempos anteriores a Roma, coa diferencia que hai entre unha e outra, entre a belota e a castaña para consumo humano. Sería unha presencia escasa, aínda moi difusa, aquí e acolá na enfoscada entre toda clase de árbores e non a souto. Mais tampouco convence moito pois teríano espallado, co doado que é sementa-la castaña. O pobo galo, que lle dá culto ó carballo, recoñecido polo seu rol na alimentación, non parece percatarse do castiñeiro.
E mais, entón ¿por que o de lle chamar na súa lingua a “árbore do pan” como aparece en César? Interrogante sen solucionar. No bordo inferior, bareira leste do Castro de Cerdeira, Our., hai resíos de moi antigo souto, inzando aínda, con toda vitalidade, pés de castiñeiro vizoso, de brabádegos ó nivel e de soterra, sempre renovados. A orixe non se explica se non é en relación directa co asitiar de moradores no castro. Aqueles antigos, e nosos devanceiros, vai para 2000 anos que deixaron de vivir no castro; derradeiro sonal atopado é un bronce de Marco Aurelio.

O carballo é, ó que semella, autóctono; o castiñeiro, se non é -que hai quen afirma o feito-, está aquí dende moito antes do que se di. Elorrieta di existir o castizal no Norte e Noroeste de España, o mesmo ca en Italia e Grecia, dende moito antes do dominio romano, aínda que sexan, primeiro os gregos, e logo os romanos, os que espallaron o cultivo polo SO de Europa.

p. 13

É, sen dúbida, a árbore de máis vitalidade (e productividade vitalicia), que temos no Noroeste, pois pode vivir deica 3000 anos.”


p. 14


O castiñeiro e as castañas, de Elixio Rivas Quintas.

_____________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s