Preguntas máis frecuentes

Preguntas máis frecuentes.
F. A. Q (frequently asked questions).

  • Como podo ser socio da biblioteca?

É do máis sinxelo. So tes que cubrir un mínimo formulario co teu nome e apelidos, data de nacemento, dirección e teléfono e correo electrónico. Asinando comprométeste a respectar as normas da biblioteca.

  • Se non son de Nigrán podo ser socio?

Por suposto, ningunha restrición.

  • Hai algún límite de idade para ser socio?

Ningún, calquer pequeniño poder ser socio, e os moi maiores, tamén.

  • Cantos libros podo levar en préstamo?

Os que necesites.

Baixo a premisa de que os libros estan para ser lidos, a accesibilidade dos libros non vai estar mermada por restricións numéricas. Poderáse levar o número de libros que o usuario estime conveniente, segundo as súas necesidades e segundo as normas de préstamo da biblioteca.

  • Cantos días podo ter un libro en préstamo?

    Un mes.

    Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    Os libros de lectura obrigatoria para estudantes teñen un prazo limitado a 7 días (unha semana), por razóns de dispoñibilidade e solidariedade.

    • Cantas veces podo renovar os préstamos?

    As veces que queiras, podes ter o libro o tempo que necesites. Sempre poderás renovar os préstamos, baixo dúas condicións: 1.ª que ninguén precise e teña pedido ese mesmo libro, 2.ª que renoves o libro antes de que caduque o prazo de préstamo.

    • Que pasa se me retraso na entrega dos libros prestados?

    Pois que os mesmos días que te retrasaches, serán os días que teñas que esperar para volver levar libros en préstamo.

    De luns a venres:

    10:00 a 14:00
    16:00 a 20:00

    Sábados:

    10:00 a 14:00

    E no verán:

    De luns a venres:

    9:00 a 15:00

    Sábados:

    10:14:00

    ______________

    Máis preguntas

    __________________________________________________________________

    Advertisements

    Deixar unha resposta

    introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

    Logotipo de WordPress.com

    Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

    Twitter picture

    Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

    Facebook photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

    Google+ photo

    Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

    Conectando a %s