A Foz da Ramallosa

A Foz da Ramallosa na entrada Ramallosa, A, na Enciclopedia Galega Universal.

RAMALLOSA, A. Complexo intermareal coñecido como A Foz, situado na desembocadura do río Miñor ao S da ría de Vigo, entre os concellos de Nigrán e Baiona. As marismas están protexidas do mar mediante unha frecha litoral, a praia da Ladeira. O substrato rochoso está composto de xistos e granitos. Nas zonas centrais da marisma atópase o golfe, acompañado doutras algas verdes como a mantilla e outras do xénero Enteromorpha. As algas pardas presentes son a especie Ascophylum nodosum e a corbela, que se localizan nos muros dos laterais do esteiro. Na fronte de colonización das areas finas e medias atópase a especie Salicornia ramossima. Cando a duración da emersión das augas aumenta, outras plantas poden colonizar o substrato, como a especie Spartina maritima. No bordo da marisma, e en illotes elevados da zona intermareal, disponse a verdoaga marítima, mentres que nas zonas de recheo artificial aparecen distintas especies do xénero Juncus. En canto á fauna destaca a londra común (Lutra lutra), o alavaco (Anas platyrhynchos), a garza (Ardea cinerea) e as especies Limosa lapponica e Sterna sandvicensis. Foi incluída como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) na proposta da Rede Natura 2000, en 2001.

Enciclopedia Galega Universal, 2002, editorial Ir Indo.

Libros no noso catálogo sobre a Foz do Miñor.

_______________________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s