RATAS EN MANHATTAN. (2007), Francisco Álvarez

Francisco Álvarez, “Koki”

“O RUÍDO DAS ambulancias na rúa, o acelerar dos coches e da música, sempre moi alta, nos apartamentos con sabor a salsa e merengue constitúen o son automático de cada noite no alto Manhattan, en Washington Heights. Non existe o silencio nestas rúas. Tan só os mortos gozan deste luxo. Por iso aquela noite, que non podía ser distinta ás demáis, no medio do chiar das rodas na rúa e cos saloucos e xemidos das parellas fornicando no apartamento contiguo, Alcibiades e Ramona non escoitaron o berro do seu fillo. Un meniño de tan só tres anos que nese preciso intre era alimento das ratas. Aquel berro esgazador do neno quedou no aire, como unha nota xorda daquel aquelarre moderno. Foi á mañá cando Ramona chegou ao cuarto e encontrou aquela estampa dantesca, tan só imaxinable nunha película de terror. Viu o seu fillo coa gorxa degolada e na cama un carreiro de sangue que delataba o sitio por onde fuxiran as ratas. As ratas que toda a noite comeran nel. O berro de Ramona, que se desmaiou sentindo que se lle ía a vida, foi o que fixo correr a Alcibiades cara ao cuarto e repetir a imaxe nos seus ollos.”

__________________________________________________________________
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s