PERICLE O NEGRO. (1993), Giuseppe Ferrandino



Napoli [Nápoles] e os Quartieri Spagnoli

Giuseppe Ferrandino

“O MEU XEFE é Luigino Pizza; chamámoslle todos así polas pizzerías. Ten unha cara agraciada e pouco pelo, e seméllase a Bianchi, o que adestrou hai tempo ao Nápoles. É un tipo que parece sempre sereno, pero se se pon serio ata os seus soldados lle teñen medo. Luigino, se por el fose, pasaría toda a vida divertíndose e cantando as cancións de Bruno Martino. Sempre que vai ao piano-bar, nun determinado momento, o pianista di:
–Agora, señores, a cálida voz do noso amigo Luigino…
Pasa o día na sua casa, na parte alta dos Quartieri, vendo películas de Totó e de Peppino no vídeo. Nel o sorriso é habitual, pero cando ri parece que fai un esforzo.
Cando decide que quere coller outra pizzería chama a un dos seus fillos e mándao con algún dos seus soldados onda o propietario da pizzería. Para el traballan tres soldados: tres fillos, oito sobriños e os maridos das fillas.”

__________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s