MEMORIA E SILENCIO NA GALIZA CONTEMPORÁNEA. (2008), Ángel Rodríguez Gallardo

María Gómez, alcaldesa da Cañiza na II República



“DEBÍA DE HABER este ambiente festivo e pacífico na Praza do Pobo de A Cañiza o día que se proclamou a II República. Alí estarían, como nós agora, Tirso Servando Gómez Freijido, un latoeiro; Antonio Mojón Vázquez, mestre; Justo Moure Giráldez, comerciante; e Jesús Eugenio Pérez y Pérez, mestre tamén. Estes catro cañicences foron asasinados o derradeiro día de outubro de 1836 tras un xuízo inxusto. Eran traballadores, parte desa República de traballadores e traballadoras que institucionalizou a Constitución do 10 de decembro de 1931.
Ese ambiente festivo e pacífico reflectía un tempo de ilusión, o desexo de crear unha
sociedade aberta, unha sociedade libre e xusta, cuxos eixos eran os dereitos sociais, a moral humana, a defensa da cultura popular e o amor pola instrución pública, a escola e os mestres, valedores desa sociedade aberta, a austeridade e a decencia, a cidadanía responsable e solidaria, o laicismo, o respecto á lei como expresión da soberanía popular. Foi un proceso de democratización sen precedentes, no sentido liberal-burgués, ben é verdade, pero un proceso que igualou a muller co home, legalizou o divorcio e institucionalizou os dereitos dos fillos nacidos fóra do matrimonio, e tentou avanzar no dereito ao traballo, á liberdade de imprensa, de reunión, de asociación e de sindicación.
Esa República de traballadores e traballadoras que quería loitar contra a ignorancia, contra os mangoneos, contra os abusos dos criminais, a través do acordo cívico e do pluralismo democrático, por riba dos lazos de sangue ou da tribo, e sempre sobre a base da soberanía e da responsabilidade persoal.
Novos líderes procedentes de clases subalternas e mesocráticas trataban de arredarse do sistema clientelar e caciquil anterior.”

__________________________________________________________________
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s