VIAXES NO SCRIPTORIUM. (2006), Paul Auster

“O VELLO ESTÁ sentado no bordo da cama estreita, coas palmas abertas pousadas nos xeonllos, a cabeza inclinada, a vista fixada no piso. Non ten nin idea de que no teito, xusto encima del, hai unha cámara disimulada. O obturador emite un leve clic unha vez por segundo, producindo oitenta e seis mil catrocentas fotografías con cada revolución que describe a terra. Aínda que soubese que está vixiado, tanto daría. Ten a cabeza noutro sitio, varada entre as fantasías creadas polo seu cerebro mentres el busca por unha resposta para a pregunta en que non deixa de cismar.

Quen é? Que fai aquí? Cando chegou e ata cando ha quedar? Cunha pouca sorte, o tempo hánolo dicir a todos. Entrementres, non temos máis tarefa ca estudarmos o cadro con toda a meticulosidade posible e abstérmonos de tirar conclusións precipitadas.

No cuarto hai unha serie de obxectos, en cuxas superficies se fixaron cadansúas tiras de cinta adhesiva branca, rotuladas cada unha cunha única palabra en letras maiúsculas. Na mesa de noite, por exemplo, a palabra é MESA. na lámpada, a palabra é LÁMPADA. Mesmo na parede, que en sentido estrito non constitúe un obxecto, hai un anaquiño de cinta que reza PAREDE. O vello levanta a vista un momento, ve a parede, repara no cachiño de cinta adherido a ela e prouncia a palabra parede en voz baixa. O que non hai maneira de saber neste momento é se está a ler a palabra con que se rotulou a cinta adhesiva ou se se refire á parede en por si, sen máis. Pode ser que non saia ler, e mais que aínda recoñeza as cousas polo que son e sexa capaz de darlles o correspondente nome, ou todo o contrario, isto é, que perdese a capacidade de recoñecer as cousas mais que aínda saiba ler…”

(Comezo de Viaxes no Scriptorium)

___________________________________________________________________________________

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s